sábado, 4 de junio de 2011

Crocodilo. Por unha vez no propio instante, unha muller cun furón, tarántulas por doquier.

[E o ciclo dos crocodilos tan fermoso, tan fermoso...]


Oh Lily Lily pleure, Lily pleure pour moi...
E ti non és máis ca
a imaxe que estou a buscar en cada ollo
en cada pequeno Berlín que se me cruza no camiño
en cada proxecto de balea reconstruída
do sabor salgado do liño
rasgándome a ligua e a garganta
flúe
e sinto ter gastado tanto, tanto
nun pedazo de carbón negro con forma de pruma ao sol.

Estou a ver reducirse as sombras do declive,
sacar a foto nunca será tan próximo e
meticulosamente calculado
(sorrisos de calculadora? xa non pertencen aos pavos reais).
Así que usurpa e corrompe a pel
dos pexegos que tiras contra o parabrisas
estou a gastar demais as tiras de té
nunha escaseza de vida.

Os crocodilos poden comezar xa agora a devorarme as entranas
e terán un mísero fato de carpas como as de Momo
que xamais serán de ouro
ou poden arriscarse coa seguridade de que os seus cans
degolarán as pombas imprevistas
someterse á luxuria do vaivén
no seu estanque denso de vidro "No Past Land"
e volverse
[re-evolución]
re-volverse ata tinguir as augas coa súa sangue amarela e feroz
e acordes pesados de guitarra desesperada,
xime
['cause trees don't cry... e eu xa non son árbore e teño dereito a xemir]
e un par de cancións de xofre.

A cambio da recompensa maior,
de estarse alimentando un ano
dos retais de vellos furóns.

La gorge remplie de vodka...
...and I want more than I can get...

No hay comentarios:

Publicar un comentario