martes, 14 de junio de 2011

Anacronismo. Porqué aínda entendo agora o de "a vida é un vodevil" e os proxectos contruídos en nubes ou faire des chateaux en Espagne.


Cunha atmosfera de bareto de segunda
ou de deserto de texas italiano,
cun piso minúsculo de balcóns suicidas
así a túa axuda infinitesimal
se sacude coma o lombo dun cabalo.
E pensa
respiro
respiro
respiro
e a cada calada unha falanxe
estouche a roubar falanxes
pero ti non te decatas
porque as devolvo ao seu sitio en menos
do que tarda o té en quentar
e o sol en poñerse
e os ollos en agromar a flor de pel.

Porque son
Toulousse
da vida.
E das falanxes, das túas falanxes non ía ser menos.







[El aburrimiento, Lester.]

No hay comentarios:

Publicar un comentario