jueves, 20 de octubre de 2011

Xogo de nenos.

fuxo en acento italiano
-chof, chof, os peixes  para que non te alarmes-
non poderás agarrarme do pelo
-noite ardente para que non me pegues-
vomito ante cálidos perezosos
-o laranxa para que non me vexas-
atopo flores de cardos torturados.
-malos agoiros para que te entreteñas-
xeranios e mulleres que son auga doce
-mareas para que che quiten a voz de ferruxe-
rituais ao ehecátl que me abandona e di: Evohé!
-cabezas de osos brancos para que che protexan-
xaurías de hienas levaranme á ruina
-raciocinio e cans para pecharte en Ucranias-
Un xogo de nenos

“One, two, three, four!!”


En canto dou a volta, zapatiño inglés
vólveste amarelo,
corro aos teus pés.

domingo, 2 de octubre de 2011

She's like a rainbow.


Necesidade de vivir
de carne de peixe
das súas cores.
Que veña rápido o furacán
que me leve golpeándome contra as follas
nas trincheiras cheas de violetas.
abafante sensación
sen dirección
sen o desorde selvático.
Caracois que me servan de oráculo
nos péndulos de perfumes con olor a auga
descolgan os longos papiros marcianos
e pido aos meus cans unha misión diferente.
"Tédesma que traer,
con perezosos luminosos
con líquido de soportais
para que me encha a boca de viño
e eu pense os planos
de construcción das pombas mecánicas
replicantes,
facede que o sol se descompoña queimándo
pequenas células das miñas bisagras
devolvédeme o circo sicótico
sen pedirme nada a cambio."

E morrer outra vez
afogar na cidade asolagada
de neon.