martes, 27 de septiembre de 2011

Agoiro dos froitos secos.

Salvador desequilibrio
como un brusco atragantamento de principiante
na auga salgada.

A loucura cégame
na sobredose amarela de anacardos
cando exploro pola selva virxe, que non é tan intensa como aparenta
e atopo a miña peceira intacta e apocalíptica
as usual.

Os teus gatos sarnosos retórcense
de fame?
Está ben de hipocrisía felina
xa lles asasino eu os peixes para que os devoren.
Mais os perezosos chegaron para quedarse
cos seus seis brazos de madeira
e os seus movementos country de cor mel
afferados aos bambús.

Agocho toupiñas na man
de diferentes rúas de neon
porén, todo está aberto,
como a polpa da túa boca,
ao estranxeiro.

Os lagartos son crocodilos que non saben morder
grises e amarelos practican deportes de risco varias veces
morden as unllas.

-Medraremos, Camus?-"pode"
E van caendo as gotiñas dos peixes masacrados
"non pasa nada, non pasa nada
acouga;
tódalas tarántulas contigo
fuman opio en escaleiras
créanche osos brancos nos que
non poidas deixar de pensar.

-Ule así a rocha?-
Lámbea, se é ocre ou
                                  limón
podes trasladala e ver dende o alto
o percorrido das baleas.

Non negues o son da area nos cotenos
arrástrao co viño de coral
e todo o celofán e fíos que atopes para facelo,
axóuxeres da desproporción.

Se atopas o líquido
e algo pulido no fondo da auga
chegarán pombas mecánicas
cheas de plumas, para educar
o teu corazón de soportal."

sábado, 17 de septiembre de 2011

Baba O' Riley.

Caída libre
esa é a sensación de falso medo
de insensibilidade latente.

A MIÑA PECEIRA TEN FORMA DE BALEA
e como as amebas absorbe e retorce
a membrana vexetal.
É ese o espazo onde nacen os perezosos
coa esperanza de que crocodilos sedentos lles arrinquen as extremidades.

Morro cos cans
aferrada a eles
de novo manuais e ás veces necesidade
dun berro e cornos de trenca
ser un ragpicker's dream, así vivo eu.

Creo que en realidade me faltan as unllas para automutilarme
(horror, preciso unha cor que morra a trozos!)

Obrigareite a vertirte de celofán
e arrincarei a tiras a túa pel de perfección
para espantar os gatos maliciosos que lamben os peixes, hipócritas.
A marmelada é doce de máis, por moito que insistas
para describir os lagartos amarelos que se avergonzan
dunha escaseza de verdugos e eirugas mecánicas.

A violencia virá da espera
e o desequilibro será preciso
aínda cando o choque dos monstros cetáceos cree ramas de hedra.

Fincarei os dentes na miña carne
doéndome tanto o verde nas costas
ate que volvas ter cariña de can de soportal.

In restless dreams I walked alone
e bebereime as rúas de adoquín co neon
paralizándoseme nas veas, ate que desfaga este encantamento de ingravidade.



Coa navalla sangrarei peixes ou morrerei de ucranias.

domingo, 4 de septiembre de 2011

Égloga.

Desta non é un crime
é unha lenta eutanasia
que me adurmiñará os sentidos
que me abrazará ao oso branco
que merecerá églogas.

Desta non será un sorriso de tarántula
non será Roma nin suicidios de escalón
non serán máis os peixes
será unha pacífica masacre
digna do sadomasoquismo apreciábel.

Será tan brandamente, que ningunha outra cousa
ousará penetrar este recóndito lugar
onde están metidos tódolos días de verán mollados en viño de fresa.

Que será sempre
insoportablemente doce
e acedo.

*morre

*resucita

Cando nace un día novo
unha estación nova e chega un febril lume apagado
e logo todo é doutra cor e a escuridade acolledora na palma da man

*no fondo non importa




                                    cal das dúas.