jueves, 30 de junio de 2011

Nubes. Definición e retorno da dozura.

Ese día de automóbiles con manillar
e cores en pastel
cada par de rodas ocupaba un carril.

Viño de fresa o que roubaba
do teu sorriso, entre almofadas
e enormes monstros de sombra
e palla.

Decapitar pescozos
das botellas de cervexa
os peixes tamén tiñan os ollos nacidos das prantas
brillantes
de celofán.

Reflexos
coma bolboretas de luz psicóticas
e a nosa perversión non coñecía límites
entre mil pinzas encarnadas de cangrexo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario