sábado, 11 de junio de 2011

Crocodilo. Soamente quere unha historia, un peixe nunha cunca, vaise volver de ouro en canto medre.


Atopar un crescendo
que leve a inocencia da man
tildar a alguén de
tildar
todo
a chuvia molla
síntome estúpida
cada vez que teño que explicar
as plantas de beizos murchando
non falan, non falan
síntome estúpida
nunca serei unha cretina, prefiro as vogais
algunha vez entendiches aos marcianos da torre italiana.

Rexeitar
rexeitarte todo ata as plantas de ollos que me rodean
ás veces
pero non quero terche nunha peceira de vidro
quero terche apreixado entre as mans
nun oco tan pequeno
que non che vexa
en tódalas cousas
en tódalas paredes que impregnes

"Ojalá pase algo que te borre de pronto.
Una luz cegadora, un disparo de nieve.
Ojalá por lo menos que me lleve la muerte..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario