jueves, 28 de abril de 2011

Anacronismo. O que había dentro do tomate e as baleas que nadaban dúas veces do revés.

Morder, de novo. "psicoanalistas deprimí con un trastorno bipolar" e cómo o amor dun animal se traslada de maneira máis pura ás persoas sen consecuencias nefastas. Viven peixes nos meus beizos cando falan e devecen por manchar os teus de curry.Pero non erres, que eu a tí non che coñezo nin cruzaba o Atlántico cun mono nas espaldas. Ou sí. Quen sabe "yo no necesito hablar para expresar una emoción, me basta solo con mirar", causas máis tontas se viron e Felicity parecíase sospeitosamente a miña prima, si, con cintas de cassete incluídas.
Quizais te seguirei, ou a outro. Que a marea que provoque esa somerxida violenta sexa forte abondo, rompa cristais, morra naza e sexa, sexa finalemente como os meus dentes cando rompen violentamente a pel do tomate, todo o que atopas debaixo. As máscaras e os traxes saen todos dahí, das súas cárceres, eu eextinguinas. Porque de maior, oh, de maior quero ser anacronista!! E crear todas esas situacións, máis ca nada, porque as que existen no meu tempo non me chegan para satisfacer a Camus nin ao cocodrilo. O cocodrilo tamén se vai chamar Camus, así aforro na próxima frase.
Vouche desnudar e pintarche enteira a pel, cos meus pinceis, con boli bic, pintarche enteira e expoñerche na miña vida, logo tirarte ao mar para que volvas, volvas á túa vida e eu buscarei outra balea, outra máis..
Xa as botaba de menos, por culpa do espello aquel que coloquei, por culpa dos candados e de encerrar os tolos coas máscaras por desangrarme, e cando quedei seca e xa non sentía dor nin felicidade nin nada completamente aséptica e me meteron nun guante de látex para que non me contaminara...ou deus! pensei que era a piñata negra, pero volvín, volvín e abrin o cárcere, mordín un tomate e iso chámase resucitar e sentir o sabor do curry, do índigo que teño nas puntas dos dedos, que me manchaban a boca toda derredor coma paiasos. Comer chilis, de novo, de novo, e beber cervexa como cando era pequena, como cando era todo o que respiraba.
quero que veñas vivir nos meus mundos, quero que descubras o que tanto tempo andabas a buscar, logo vaite e non volvas se non é con disposición de añorar vellos tempos, porque eu non dou máis oportunidades e vivo só unha vez. Estamos no tempo de dar unha volta ao timón.

E de comer algo de limón con azucre, xa que estamos, e beber salmorejo a litros para reemplazar todo ese sangue que perdín.
Xa estou de novo a pintar nas paredes.
Tola.
Demente.
"todo esto es culpa de la gente...yeeeehhh ehhh ehh ehh"

miércoles, 27 de abril de 2011

Anacronismo. O que me contou o meu cocodrilo despois de ver Pippi Langstrumpf e porqué leva unha gabardina amarela ao estilo Gianni Rodari.


Caen aqueles que comezan a pendurar saquiños de sal e "parsley, sage, rosemary and thyme".
Caen e déixanse obnubilar e prefiren a lanterna baixo as mantas (saben que a prefiren e nono din) apesar de ter resaca do traballo de mañá, café de máquina cunha peza plástica atorada na gorxa e a guitarra na que fedellaban cando non tiñan cartos para nada agrisando por falta de tempo.
Pero pendura e comezan a ver cousas que se meten enteiras na boca como xemas e recordan que un día, si, un día antes de xubilarse de anacronistas, eran tomates raff    [eran quen de
                                                                                                           devoralos.] co sal que agora pechan en seda por amigarse co Ehecatl.
Non saben que o seu respeto ven da súa dominación? Ehecátl é Bucéfalo cun ollo cicatrizado, e tí esquenciches as chispas de soldar e os cágados que saltaban no altavoz. Non fuches quen de salvalos, verdade? Cando morrían de fosforitos, e todo por ter un lápis de ollos que che sirva de chave aos ovos podres.
E vas precisar miles de litros de esmalte e pouco tempo de sono, e unha machada ben grande e verde turquesa ou a mazá de caramelo. Porque precisas botar ucrania abaixo, non sí? E as peceiras de branco o os coches metalizados, todos abaixo! Polo ben de La Maga, de tí, e de tódolos pavos reais morrendo no ananismo. Dandys a cadros, serán os novos anacrónicos cantando T-Rex.
Quereras ser un deles.
Queres ser un deles.
És un deles.

"We are the children of the revolution."

martes, 26 de abril de 2011

Srs. Anacronismos.




Pantagruélico!! Berrou Valle Inclán cando non tiña barba e sí un xarsei de rombos con codeiras e unhas gafas de pasta, e solto para o almorzo e para facer funcionar a gramola. Os anacronismos permiten sempre que estes dous (Rabelais e o pai da criatura hidrocéfala, enténdese) almorcen cada día co café, no café que estaba en Santiago, que os vou visitar eu tódolos xoves que non perdo os pés nas escaleiras e que non teño o cocodrilo moi deprimido e lle teño que ler a Calderón para que se sinta identificado, e pobriño el alí, embaixo da cama... comendo só papeis...(nin un triste reloxo, pero que rácana son!)
Cando de cando en cando aparece por ahí Audrey Hepburn cantando Moon River, (só nos vale a cantar Moon River ou aquela cómica de My fair Lady...just you "güait, enry iggins" just you "güait", [iso só cando toca humor antes de que Piedrahita a faga desparecer tamén coa súa palabrería, que o humor nunca está de máis]) nin o futuro siareiro da Alameda fútbol Club nin o novo cronista de Goliat poderán resistirse aos seus engados; desafortunadamente para eles e grazas de novo aos señores anacronismos que se sitúan moi discretamente nas esquinas cos traxes de felpa e os furóns nos petos, ela hai tempo que non quere saber nada, que se volveu amante e musa de Tamara de Lempicka e que fai o que máis lle gusta, posar en diváns, ser admirada e cantar punk (isto tinguida de vermello e con gafas de sol, para que non a recoñezan na Capitol).
Desgraciadamente os anacronismos hai tempo que quedaron sen traballo e agora estanse a recolocar como recolledores de perchas nas tendas de roupa, rizadores de leituga rizada, axudantes de ópticos que apertan os parafusos soltos da montura nun minutiño (e o cristal caído, o pobre, mentres o limpaban, ahí nú dende medio día e tí cegato, ou rei porque xa se sabe que no país dos cegos...[e só che falta unha lente, as dúas á vez xa é fatísica intervención dun souvenir de contrabando Asturiano que che saleu con becho]), técnico que mete os dedo no comediscos mentes xira para facer o efecto de alongar e embrutecer o son no cine e caixeiros de mercadona. Según.

Os furóns utilizáronos para o abrigo da señora esa que vai ahí. Non home, esas son estatuas, máis aló, mercando un xeado. Mira, agora está porfiando porque o fillo anda a mirar para os biosbardos eses verdes. Eeeesa.

Eu acórdome de cando ía almorzar con eles que ás veces viñan Lucía e Oliveira sen avisar para non ter que apretar a pasta de dentes dende atrás de todo do tubo.
Agora xa non veñen e eu quedo a lerlle o dichoso Calderón ao cocodrilo, que se está a volver gordo porque non fai máis que comer os peixes que me van morrendo na peceira. Menos mal que os vou repoñendo.

Eles comen tomates a mordiscos, con sal, coma o meu Gavrila.