jueves, 30 de junio de 2011

Nubes. Á desproporción extinta e as súas estruturas de mel.

Búscote na xente
enxendro da libertinaxe
ate que descubro que atoparte é
meterme lámpadas nos ollos
facer que volte o circo
quedar cega.

Merendar os sete pecados capitais
no pan con mel.

Que a desproporción quede contemplada
como máximo de beleza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario