jueves, 30 de junio de 2011

Nubes. Decorados e prevención inútil da perda de masa.

Cando as mans non lastimaban
e tiña toda aquela masa azul
pegada nos dedos.

Dende o meu dintel
de autosuficiencia feita papel
rumiaba a incesante e xigantesca res,
choraba plumas douradas.

O gato de natillas advertía
inútilmente
o mono no aware que supuña
a pesares de conservar en cervexa e cassetes
tódolos monstros de palla da sega pasada
e os teus debuxos a cera.




O loro cantautor nunca cansou de falar de lagartos que cruzan a rúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario