martes, 31 de mayo de 2011

Another rockabilly's song. O goberno do caramelo e a masacre das eirugas que nunca foi tan probable.


Enormes rodas de camión
muxen asqueadas da barbarie
e era o esperado.

Cando o borde do mundo non sexa xa
unha novela de monolitos omnipresentes
só pequenas tribos de xentes pintadas de area o farán seu.
E non seremos nós.
Pregúntome se seremos nós.

Quizais precisemos da nosa terrible dependencia cara os polbos azuis e as manchas que nos orixinan
sospeitosamente parecidas aos grilletes.
“Pero más cómodos, donde va a parar.”
Teña eu tantos cans como me permita
a vosa indulgencia, sempre diante
e estase isto a converter na catarse dun organismo
que expulsa as gordas eirugas do seu caparazón.
Vacua idea dun terremoto.
Vacua idea revolucionaria.

Xa que logo, o caos servirá na súa  orixe
esixencias dos benaventurados
que se enroscaban nos asentos  e acariñaban a celulosa das meixelas.

E ti insistes en romper tódalas unllas
en cortar mans
e desgarrar a pel de todos aqueles que lles agrisallan os xenitais.
E eu non podo decirte que non
porque te quero.

[P.D.: Caos é a medida de tódalas cousas e esvarar gústalles aos nenos pequenos. E a min, tamén.]

No hay comentarios:

Publicar un comentario