domingo, 5 de junio de 2011

Crocodilo. Segunda badalada dunha caída inminente, operación de amígdalas.



Coma Brancaflor
preciso cada pedazo
do meu corpo.

Eu són carne e ósos
chocando nas esquinas
e é a única parte que segue fiel coma un canciño
mollado.

Eu son consciente e pensamento
que traizoeiro vende a lóxica ao mellor postor
maquinaria soviética
cristasol que me envelena na hipocrisía.

Eu son lentamente os tolos
pugnando por saír do cárcere
golpeando o muro coas cabezas de animais
as máscaras e os disfraces de segunda.
Os tolos que me desgarran por dentro a grandes tiras
córrenme nas veas formigas
coma nos sumidoiros de Roma
e cada dedo é unha fonte e un mesías.

Mesías dos segundos
acariño a túa cabeza de can
mollado.

Eu vivo
como ser orgánico
nunha automutilación desexable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario