domingo, 19 de junio de 2011

Crocodilos. Apocalipse e espasmos, a erótica da morte. Morte caníbal, ás 6 da tarde.

Por unha banda sonora existente
existente só en min e fora
fora non se pode ver
[fora non É]
agáchoa como ese animal durmido
tenebroso
como a bolboreta demoníaca de cravos
que non podo esmagar coa dentadura
que como pan de misa
non ha rozar nun aleteo as miñas moas
que me corroerá e devorará
exactamente como eu o quero.
En tres días
de mil horas agónicas
en tres segundos de eterna desesperación
porque tres palabras bastan para os estados de ánimo que non sabemos clasificar
e as pulseiras son cadeas punzantes
de cardo
de arame de espiño
armiño, deslizándose á caza furtiva
das palabras que sobreviven no lodo
as cores nítidas na suxedade
como as falanxes que chorrean  liñas de fuga, macabras
e podo berrar o lume todo e infectarme
verde
do tétano do meu gozo
dos arames de espiño.
In restless dreams I walked alone
narrow streets of cobblestone
narrow streets of cobblestone
narrow streets of cobblestone
narrow é o meu mundo
tan insoportablemente asfixiante na súa ferocidade
e así o quero
cos seus movementos vivos de animais ignotos
cos crocodilos no líquido de No Past Land
denso
abrazándome eu ás súas fauces
desgarrándome a carne
Grenouille, a él non lle importaba, só a esencia
eu ulo pero non como
comer non é comer
comer é deleznábel
razoar é deleznábel.

existe
a carne
e o seu sentimento.

Doce amputación,
desexable amputación da orde.

Existe unha canción
realmente
existe
nas miñas entrañas
e tódolos crocodilos a queren comer primeiro
aínda que exista noutro espazo,
porque en min vólvese enxendro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario