viernes, 4 de agosto de 2017

Fake

Todo me pertenece ata que alongo os dedos.
Todo me pertenece.
Sínto como propio cada sabor novo
cada brisa que xoga co meu pelo
e que cheire a algo descoñecido.

Como unha condena todo 
ao final
me traspasa.

Como unha condena mesmo ti
ao final
me traspasas.

Nada permanece aquí, todo é alleo.
Unha disociación de min ocorre cada noite alá polas 10.
Cando ser unha idiota ao longo dun día enteiro
non foi abondo pra facerme esquecer.

Cando engulo os días tan, tan rápido.

É medo seica, é medo.
Medo de qué?
Dunha vida, unha vida normal, e logo outra.
Cantas vidas vou comer ao longo destes anos que me comen.
Todos me comen.

Nada me pertenece en canto o fago meu.
Estiro de máis as camisetas, xa non sirven.
Cen veces dixen "xa está ben, quero quedarme aquí".
Cen veces rematei fuxindo
cando todo se sentía falso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario