miércoles, 16 de agosto de 2017

What was left.

O que ficou foi
o sol queimandome o sono a través da ventá
de vidro.
O meu corpo entumecido polas circunstancias.

Quedaron as palabras na miña boca feitas
lixo e as emocións flotando
ata que me intoxicaron.

Quedaron charcos de rabia na miña almofada.
Quedaron risas no aire e esperanzas.
Quedou presencia no baleiro
que ficou.

Quedaron sobre todo melodías tontas na miña cabeza
como unha obsesión que non podo superar
por ser cantada.

Quedou a presencia do medo sobre a miña cabeza
e as historias de outros que, a través de ti,
coñecin e amei.

Quedou todo o que eu che din e ti me deches
e todo o que aprendin e che ensinei.
Quedaron as cousas doces que iluminaron
cada esquina do meu cuarto.

E de todo isto que ficou non poderei
desfacerme.

No hay comentarios:

Publicar un comentario