domingo, 30 de julio de 2017

Todo permanece.

"Todo permanece alá onde o deixaches
todo permanece pero inda así cambia."

Cada segundo que respiro
o aire enrarecido traza mapas na miña cabeza.

Como miles de insectos que vaga polo meu cerebro todo
cambia e evoluciona
cando a lúa se eterniza.

Dime se ti tan lonxe tamén miras pola fiestra.
Dicídemo tódalas almas de plastelina que algunha vez
me tocaron.

Todo permanece, inda sen querelo.
Todo permanece e choramos e iso é bo.
Que haxa en nós algo que rompe
fainos mellores.
Que haxa cousas que mirar volve o mundo
eterno.

Xurar os votos de verdade
non é caro, é bonito.
Navegar os mares bravíos das personas perdidas
cando ti tamén estas perdido.

Quizais non fago as cousas como un agardaría,
pode ser,
pero impórtame mais aprehender
todo o valor.

Todo permanece, sempre, ahí queda.
E ao meu lado as cabezas apoianse.
Todo permanece, e mentres eu nunca son
a mesma
e un día perdereime.

No hay comentarios:

Publicar un comentario