sábado, 5 de agosto de 2017

Fear.

Medo, vive no medo.
Deixa que o medo che atrape.
Deixa que o medo che inunde.
Deixa que o medo che arrastre mentres trona nos teus ouvidos
a chuvia.

Non é necesario temer ao medo.
Non é necesario tragar o mundo
pra logo vomitar.
Non é necesario estar en ningures
quedarse
namorar e
morrer.
Non é necesario que finxamos que non temos a pel
en carne viva.

Vive no medo e sinte
como che fai apretalos dentes,
como o teu corazón sumiso decide
correr coma un coello suave e confiado.

Vive o medo como vivirías un orgasmo
dende embaixo da pel
dende os poros das mans.
Rindete a ti mesma e mira cómo todo
se che vai entr'os dedos como auga morna.

Rindete e cando todo remate
simplemente seguirás ahí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario