domingo, 6 de agosto de 2017

Feel 1.

Cando a balanza ficou queda
nin ti
nin eu
puidemos movernos.

Nin achegarnos nin alonxarnos
para non romper este equilibrio
cálido.

A vida pasou por min como mil regalos.
A vida pasou por ti como un puzzle sen resolver.

Síntese tan forte a electricidade
e a excitación de ser capaz
de quitar os zapatos e vivir
na dúbida.

Síntese tan ben ser quen de perder
totalmente
o control.

Aínda queda tanto que aprender
no mundo cheo.

Aínda quedan conversas no sofá e risas e
un amor desgarrador polo xeito no que elas rin
e falan e viven.

Pero como un negro xigante camiño en calma,
creo que dalgún xeito
cheguei a selo.

Cando paso os meus pasos son o trebón
que mollará de chuvia o chan
e a herba nova medrará forte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario