viernes, 21 de junio de 2013

Vou comezar unha revolución dende a miña cama.


Onte pegueille a Hermes unha paliza.
E iso que coa tontería de que lera un libro de pequena no que Hermes era un can e foi o meu libro preferido moito tempo e ademais era da raza exacta que me gustaba cando tiña 6 anos... non é fácil pegarlle unha paliza a alguén así. É como pegarlle a alguén que se chame como a túa muller, non? nono víchedes nas pelis?
Era necesario desfacerme de coirazas e filtros para descubrir a merda que teño dentro.
O meu peito era unha depuradora de augas residuais. E a ti non podía mentirche.
O meu peito era unha depuradora de augas residuais e o almacén de todo o refugallo é o que me late exiguo pedindo piedá, que joder, que non se pode abrir ahí un cemiterio nuclear sen pedir permiso. E menos se é este corpo o que che regalo.
E non me importa dicilo así, inda que veñan quenes nós sabemos a dicir cousas políticamente correctas ao respecto. Ademais o meu corpo é a miña alma, son un pack. E ti telos porque eres o único que nonos rompe.
Son o boneco caro que só se lle da aos nenos coidadosos.
e eu non son coidadosa, que va, son torpiña, xa mo dis ti sempre, dilo dese xeito no que as palabras sufren mutacións de chernobill e acabas dicindo quérote, pero igualmente é certo.
Son torpiña comigo mesma
que quero voar e non podo
que quero lamber e non gosto
que quero viaxar sen saír daquí
que quero coñecerme e non me falo
que quero facer e non fago
que quero comezar unha revolución dende a miña cama.

Pero se non lle pego a Hermes unha paliza
ata destruílo de vez
como vou saber quen son mellor ca ti?
Como vou librar os teus ombros da carga do mundo?
Cómo vou poder quererte sen máis, para o resto do tempo, como se fose casualidade...

Pero que che quede claro, quérote máis que ao recordo infantil de Hermes, quérote máis que esconderme, quérote máis aínda.


Que lo sepas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario