Nas noites frías e duras teño formiguiñas que me esconden.
Todo me esconde un pouco de ti e dos malos días.
Agardo insomne desesperanzas que habitan e vomitan tercas, aplanando as distancias, compoñendo marismas, estando.
Estando
encantadas e a señora do anuncio igual "y esa presencia extraña? es mi
madre" e miña nai non me da de comer e está botando a sesta sen chaves
nin millo.
E pregúntome que é a dor cando sanas das túas feridas
e
penso no solpor frío que me agarda tódalas noites na miña cama, porque é
a miña cama, sí miña e o Polito durme no chan e estouno deixando afogar
de mala maneira.
Dimitri e falta pouco tempo e os problemas
escóndense detrás do esparadrapo de días calados, silencios olvidados,
tormentas, un río de lágrimas.
E eu quérote toda a puta vida que
me gastas e que me gasto eu á mantenta nos recunchos e imaxino que digo
cousas en soños e soño que digo cousas na cama das que logo
arrepentirme. E que non é certo meu amor, que non é certo, pero cres que
o faría, eh? cres?
Sentir a decadencia nos ósos e non poder vela
nin tocala nin arranxala nin medila e ter un apoio vago ao que boto
limón nos ollos e tarifas de mensaxes e o facebook desactivado así non
me molesta no micromundo de estar aquí.
Porque xa non sei que fago
que os minutos se me escurren sen vivir e sen capturar recordos como
abelaíñas, a pesar do moito que te quero, que xa non estas por estar
demasiado.
Que xa non che encontro de vento.
Que me sinto
orgullosa de verche a pesar dos cans famélicos pero empezan a ser horas
de que se leven o estanque, que afogo na bruma de non estar esperta e
non estar durmida, dun interminable coma da drogadicción.
Avísame,
avísame meu conselleiro, xa me avisaches fai moito tempo. A felicidade e
o tedio, as películas e as historias, soltarme saír ser fóra ser
dentro...
E agora qué, ahí sentado ao meu carón sen ser
consciente, sen que escoites palabras que non se pronuncian, xa non se
escoitan as palabras e non é culpa túa. Nono é. Ti tes o teu mundo e eu
teño o meu tempo.
Cómo facer todo isto sen matar a ninguén, nin os
sorrisos nin os fraudes, como facelo cando che quero tanto. Se talan a
árbore a quen te abrazarás?
No hay comentarios:
Publicar un comentario