Quizais son coma unha planta
e simplemente existo
e teño folla caduca porque en inverno morro co frío e só quero durmir
e logo en canto sae o sol xa todo mola e tírome coma un lagarto a desfrutar das enerxías.
Se puidese comerme o sol todo sería máis fácil, viviría moitos anos e volveríame sabia.
Se fose unha planta tería raíces fondas ben a gustiño na terra, e din que as raíces das árbores son como o seu sistema nervioso.
Se fose unha planta, por exemplo unha cerdeira, daríache felicidade, e o sexo só sería subirte a comer cereixas. E logo poderías ser un heroe vello que morrese por min.
Se fose unha planta eu nunca podería ir a buscarche, e ti sempre poderías buscarme a min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario