martes, 30 de septiembre de 2014

Pra ti.

- Se eu son franca,
por favor, sé Bullwinkle.-

Agardo dende o fondo dunha gruta
ardente de verdade e cachos de vidro.
Se algunha vez quixeches esta alma mentireira,
agardo a que me digas que non foi en van.
Agardo por ti pra que me féndala testa e metas
nela tódalas nubes de fume
que escaparon sen querer, e sen evitalo, como un rechouchío de xofre.
Que se deslizaron polas contras dunha espesura complicada.

I'm not an alligator,
nor a rock'n'rolling bitch for you

Mais non finxas, dame coa realidade
na cara. Búscame, pois estou perdida, nono ves?
Onde estan as cores da revolución?
Non me des por vencida, sacrifica aos deuses
un par de coellos ou algo, por min,
e quizais un par de vellos poemas tamén, inda que sangres un pouquiño.
Estarei soa se ti non estas
para ensinarme a ser da mellor maneira,
para buscar comigo os ratos da infamia e o sabor das carnes.
Estarei soa se non buscas o sangue no meu peito
e sostés o meu corazón aínda vivo
na palma da túa man.
Pois quero voar polas pedras contigo,
non mintas, eu sei que ti tamén o queres así.
Escoita, escoita ao lonxe, nunca estiveches só.
As miñas entrañas berran por ti, meu irmán de violento pasado
e terrible futuro. E sen ti non podo seguir ata a fin dos tempos.
Dime que ti, si, ti tamén queres estar ao filo da realidade,
e non perdernos na bruma coma gatos pardos
e crernos o imposible e vencer, ata a fin do mundo.

Hello, I've waited here for you
everlong...

jueves, 25 de septiembre de 2014

Heroína e pombas.

É certo que se pode ser sincera sen dicir a verdade?
E certo que podo falar sen que os meus beizos se despeguen?
O monstro que me guía e que me ensina
está confuso, coas mans nos peitos da inquedanza.

Eu mudo como a roupa de cama cando ven o frío
e mudo como o vento de Mary Poppins, que se leva bos recordos
pero non sei se o pasado se perde na bruma do incerto
ou se fixen conserva con todo, e é por iso que o estou perdendo.

Heroína e pombas, lume e calma gris, así se sinte a espera
nos días baleiros, de infortunios malogrados.
Así se sinte a espera da aperta amigable, das farangullas, das promesas que non chegan.
Así se sinte a culpabilidade.

Heroína e pombas, tempestade e doce lago onde repousar a cabeza cando cantas
e te preguntas a onde foron tódolos peixes que che devoraban tralos ollos,
donde foron a morrer as esperanzas.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

O vixía no centeo.

Onde estas, meu vixía no centeo?
Onde estamos todos, antes de morrer?
Non digo xusto antes, senon moitos anos antes
cando aínda estamos no filo do imposible
decidindo se morrer ou non.

Onde estamos? Se eu quero ser artista
e poeta
e chorar
coas emocións.

Onde estamos? Plantando árbores
mergullándonos nas pozas
do esquecemento
amando, como só nós sabemos.

Os poucos que aínda non medraron
e poden ser vixías
no centeo.