sábado, 16 de agosto de 2014

A espera.

Todo en min é unha espera
madurando nunha árbore
tinguíndose de roibos entre as brisas
que guían aos paxaros cara o sur.

Una espera que só ri
cando a mordes entre as mans
cando anicas os xeonllos nas nubes
cando vive no calor do teu verán.

E esta espera sempre está
mesmo no profundo da noite, cando todos durmen.
E ela, soña estrelas que mirar.

A espera que esvara pola pel do teu sorriso
que cando atopa os teus ollos
xa non ten máis que esperar.