sábado, 4 de octubre de 2014

Idem.

Pregúntasme cómo vexo a madeira
como se iso importase, e importa.
Importan as nosas ganas de espertar, e a confusión,
o espello.
Importa oírnos, escoitarnos, entendernos?
Importa amarnos, e todo iso, ser felices, ter un canciño.

Importa a miña soidade
a frustración, a indiferencia e estatismo con que o mundo me ignora
ao igual que a xente á que máis quero.
E é só óptica, cristais, puntos de fuga.

Importa que sexas coma un xerro de auga que se enche,
importa o meu medo, importa o teu non, sempre importa.

Mais o que máis importa nesta noite é aprender
que un amor xamais é recíproco.