lunes, 19 de marzo de 2018

Un poema de amor de merda.

Quero que veñas.
E pásome as horas pensando en cómo se sinte
ese estar tan a gusto contigo.
Eres unha chica dos 90
coas túas camisas a cadros e escoitando blur.
Escoitas blur?
Dime qué escoitas e imos queixarnos do mundo
xuntas.
Imos compartir as cousas que nos veña ben.
Cando te miro aos ollos náceme vertixe baixo os pés
e todos eses clichés tan lindos
e teño medo de que isto sexa fráxil como unha
arañeira
porque esta sensación quero conservala pra sempre
tiradas na cama e ríndonos de todo.

jueves, 15 de marzo de 2018

Kim quere escribir poemas.

Queres apreixar auga cos dedos.
Queres ser e estar aquí pero non estás.
A túa pel vive a mil quilómetros de ti
como un pasaxeiro neste mundo
e ás veces imaxino que choras un chorar cansado,
tirada nunha cama de película.

Todo che rebenta dentro e nin sabes
qué facer con esas vísceras que inda latexan nas túas mans.
A vértixe do mundo cómete, como nos comeu a moitas,
e nin tan sequera te atreves a cortar o pelo e deixar
o pasado atrás.

"Que eu non sirvo pra isto" disme
e preguntome, qué pode querer da poesía alguén
con esa sombra de calma sobrevoando a cabeza
e esa coleta desfeita.

Sangrar as cousas nas marxes dos apuntes de psicobio
non che pega nada, sendo sincera.
E inda así sinto que sairía algo
estrañamente fermoso, como un caracol camiñando
pola beirarúa.
Algo pequeno que sentir como un amuleto cando pases frío,
un recordo de que durante un momento te habitaches
a ti mesma
por completo.