lunes, 25 de julio de 2011

Bebendo te. [investigar erro de teclado]



Na casa orgánica
[...]
por non terme intoxicado abondo
coa túa presenza.

Diana.

As cacerolas, as latas rinse de min
entrechocando os seus cotenos amigables
e penso, luces, oh luces
onde vos metedes agora!
cando os meus peixes vos precisan alumándolles o camiño a casa.

Ao intentar ser violenta
sempre me quedo a medias
nun golpe indeciso e andróxino
porque eu non teño MES, nin forza para eles
só unha bocina de risa de bebé
e uns cascabeis cada vez que me fires
alegres
incertos crocodilos
e cada vez que o penso, aínda non teño imaxe
preciso dun animal que non sei producir
e os tolos non dan abasto con enxendros deformes
que parecen mukusulubas.

Pero non son, pero non son
porque os mukusulubas falan co corazón
non son.

E todo
soa
tan deliciosamente ambigou
que creo que vou amar a esa pequena criatura que se me pasea entre os dedos
ou ao gran monstro que ocupa o meu cuarto coa súa presenza claustrofóbica
amalas a ambas
xa que son a mesma.





[Ante isto vomitaron as medusas.]




...the roof is pulling off by it's fingernails

sábado, 23 de julio de 2011

Bulbos.

Porque polo visto xa só soporto a luz quente e laraxa
na noite de neón que me agarda.








Bulbos que me nacen nas mans e non paran de rodar


                             free magic




...quizais valente non che son, mais chego lonxe con tesón...

lunes, 18 de julio de 2011

Almorzo con chisteira.






[aquí só hai unha nube]




















































                                 E apareces sentado á miña mesa
                                e eu dándolle voltas á parede
                                cambiando decorados Tim Burtianos
                                por vellas gabardinas de casas con xadrez
                                        XIGANTESCO
                                E ás veces, ás veces non eras, e ás veces
                                   eras un gran coello rosa
                                  ou un enxendro desproporcionado.









                     Os soldados débenme séculos de experiencia onírica
                     e a miña liberdade
                     e o meu amor.














































                                   ...los fantasmas bajan
                                  por las viejas calles
                                  como héroes verdes...





































                                                          Re-nazo
                                                             











.
.
.
.
[5 segundos]
.
.
.
.
[5segundos]
.
.
.
.

sábado, 16 de julio de 2011

Enchained, enchained enchained, oh yess, vella Ucrania?



Porque Ucrania segue ahí impasible montando garda nas miñas portas
e os tolos aporrean portas indomables nos miolos
porque agora sinto o castigo
do crocodilo de lume
polas odiosas cadeas que produzo.

Dolorosa amputación, por favor,
desexable amputación de ucrania e os seus automatismos.


Non quero saber cantas son dous e dous.




E non terá piedade desta vez, o crocodilo,
non existe antídoto ou anestesia
nin debería existir...















...my body is a cage...(8)

domingo, 10 de julio de 2011

Peixes.


Peixes.
Peixes laranxas.
Peixes laranxas de feira. Morren cedo.
Peixes.
Peixes laranxas.
Peixes melocotón.
Peixes almibre.
Peixes té.
Peixes té con albahaca.
Peixes té con albahaca. Augamarina.
Peixes laranxas.
Peixes verdes.
Peixes augamarina.
Peixes vermellos.
Peixes beizos.
Peixes bicos.
Peixes violeta.
Peixes amables.
Peixes azafrán.
Peixes curry.
Peixes especia. Arden.
Peixes en movemento.
Peixes vivos. No estómago.
Peixes que non rematan.
Peixes que morren. Alimento de crocodilos.
Peixes que nacen. Do golpe dunha balea.
Peixes que se meten entre os ollos. Estevo Creus.
Peixes con hábitat.
Peixes que habitan.
Peixes hipócritas.
Peixes alga. Pegañentos.
Peixes con dependencia. Do oso branco.
Peixes.
Peixes.
Peixes.
Peixes que devoran tomates a mordiscos.
Peixes que queren.
Peixes.
Peixes.
Peixes.













Regáloche un acuario cheo de peixes.