jueves, 30 de junio de 2011

Nubes. Á desproporción extinta e as súas estruturas de mel.

Búscote na xente
enxendro da libertinaxe
ate que descubro que atoparte é
meterme lámpadas nos ollos
facer que volte o circo
quedar cega.

Merendar os sete pecados capitais
no pan con mel.

Que a desproporción quede contemplada
como máximo de beleza.

Nubes. Decorados e prevención inútil da perda de masa.

Cando as mans non lastimaban
e tiña toda aquela masa azul
pegada nos dedos.

Dende o meu dintel
de autosuficiencia feita papel
rumiaba a incesante e xigantesca res,
choraba plumas douradas.

O gato de natillas advertía
inútilmente
o mono no aware que supuña
a pesares de conservar en cervexa e cassetes
tódolos monstros de palla da sega pasada
e os teus debuxos a cera.




O loro cantautor nunca cansou de falar de lagartos que cruzan a rúa.

Nubes. Definición e retorno da dozura.

Ese día de automóbiles con manillar
e cores en pastel
cada par de rodas ocupaba un carril.

Viño de fresa o que roubaba
do teu sorriso, entre almofadas
e enormes monstros de sombra
e palla.

Decapitar pescozos
das botellas de cervexa
os peixes tamén tiñan os ollos nacidos das prantas
brillantes
de celofán.

Reflexos
coma bolboretas de luz psicóticas
e a nosa perversión non coñecía límites
entre mil pinzas encarnadas de cangrexo.

lunes, 27 de junio de 2011

Crocodilos. Simon and Art, hello my old friends and your pillows.

Por orde de aparición:




Oh vamos, vamos,
in restless dreams I walked alone
e toda esa consistencia da calor
da calor que me baixa polo esófago
...I do declare there were times that I was so lonesome I took some comfort there...
(é só pola calor pura, só por iso, o doce é para soportalo)
sei que fora pode estar mollado e terriblemente líquido
pero o líquido bébeme a min no púrpura
e nas medias cores que non estan ao sol
porque son ángulos cubistas os que pediches
[pedíchelo
aquí o tes
és feliz.] Son feliz.
Téñote, teño ao meu eu apreixado na liberdade da indignación
na escravitude de sentir
os tolos liberados danzan con cancións de loro cantautor
"las lagartijas que cruzan la calle"
pero volvo ao de agora, I'm a "citiziens for boysenberry jam" fan.

Matar aos terríbeis carceleiros
aínda que pense na súa utilidade.
Amputación, preciso xa esa amputación.
[ah, xa foi? non me enterei, agora calor para soportalo.]

Panos, os panos revolucionarios
tinguidos do sangue amarelo
 xa non me interesa o rockabilly e as súas trascendencias
os meus amigos Simon e Art rodéanme
e penso na regra dos cinco segundos que é como un cadro surrealista
sobre un soño, unha abella e unha granada.
If I only could...non, estou ben.

Tumulto de baleas e unha enorme, unha enorme engúleme
con dentes
con unllas se abre paso
in restless dreams, and the people bowed and prayed
to the neon god, the neon god...they made?
Vamos, vamos,
os teus deuses son os tolos, precisas a túa sal e a túa hipocrisía paganas
para xogar
xogar correntes e mascarades.
Xogar ao fin e ao cabo.

Reflexos de obscurité
mala palabra
mala palabra
é máis sólido ca iso, é unha presenza líquida
que permite os reflexos de celofán.

Outra vez a teima do silencio?
Está ben.

Todo esvara na troubled water
a cidade asolagada na que me introduzo
a densidade, a marabillosa densidade
e a inmanencia onde quedou? deliciosa descifrada
en párrafos, perfecta descoñecida
vella amiga azul.
Enche os pulmóns diso, diso que non é cálido
nin frío
que é
só é... amábel.
Pódese amar. A densidade. Comfortable.


Pillows
ao pé dos meus cabezais
está o gran oso.






...and echoed to the wells of silence.

domingo, 19 de junio de 2011

Crocodilos. Apocalipse e espasmos, a erótica da morte. Morte caníbal, ás 6 da tarde.

Por unha banda sonora existente
existente só en min e fora
fora non se pode ver
[fora non É]
agáchoa como ese animal durmido
tenebroso
como a bolboreta demoníaca de cravos
que non podo esmagar coa dentadura
que como pan de misa
non ha rozar nun aleteo as miñas moas
que me corroerá e devorará
exactamente como eu o quero.
En tres días
de mil horas agónicas
en tres segundos de eterna desesperación
porque tres palabras bastan para os estados de ánimo que non sabemos clasificar
e as pulseiras son cadeas punzantes
de cardo
de arame de espiño
armiño, deslizándose á caza furtiva
das palabras que sobreviven no lodo
as cores nítidas na suxedade
como as falanxes que chorrean  liñas de fuga, macabras
e podo berrar o lume todo e infectarme
verde
do tétano do meu gozo
dos arames de espiño.
In restless dreams I walked alone
narrow streets of cobblestone
narrow streets of cobblestone
narrow streets of cobblestone
narrow é o meu mundo
tan insoportablemente asfixiante na súa ferocidade
e así o quero
cos seus movementos vivos de animais ignotos
cos crocodilos no líquido de No Past Land
denso
abrazándome eu ás súas fauces
desgarrándome a carne
Grenouille, a él non lle importaba, só a esencia
eu ulo pero non como
comer non é comer
comer é deleznábel
razoar é deleznábel.

existe
a carne
e o seu sentimento.

Doce amputación,
desexable amputación da orde.

Existe unha canción
realmente
existe
nas miñas entrañas
e tódolos crocodilos a queren comer primeiro
aínda que exista noutro espazo,
porque en min vólvese enxendro.

jueves, 16 de junio de 2011

Anacronismo. A house on the tree, an apartment in my pocket, all those two pence...



Abre
linguas corroen frenéticas
verde oliva
rompe
comezo a asomarme coma un canciño asustado
e só preciso esa chuvia que baixa dos soportais
encartar
des-encartar
papiroflexia destruída 
o lume podería ser un bo animal doméstico
o lume podería un cabalo frenético
poderían ser
falanxes
colecciono falanxes
Toulousse, Toulousse sen pasteis
e debuxo os escenarios, nas mesas, na cabeceira da miña cama
os planos que custodia o meu enorme crocodilo
as casas de seis metros de alto
o apartamento do meu peto
e Lester
custodia Lester contigo e a gramola de dous peniques
porque xa non sei onde meter os dous peniques todos
desbórdanme e rómpenme os petos
os dous peniques, 
porque non vou alimetar máis as malditas pombas.

E quérote
quero
que...

martes, 14 de junio de 2011

Anacronismo. Porqué aínda entendo agora o de "a vida é un vodevil" e os proxectos contruídos en nubes ou faire des chateaux en Espagne.


Cunha atmosfera de bareto de segunda
ou de deserto de texas italiano,
cun piso minúsculo de balcóns suicidas
así a túa axuda infinitesimal
se sacude coma o lombo dun cabalo.
E pensa
respiro
respiro
respiro
e a cada calada unha falanxe
estouche a roubar falanxes
pero ti non te decatas
porque as devolvo ao seu sitio en menos
do que tarda o té en quentar
e o sol en poñerse
e os ollos en agromar a flor de pel.

Porque son
Toulousse
da vida.
E das falanxes, das túas falanxes non ía ser menos.







[El aburrimiento, Lester.]

domingo, 12 de junio de 2011

Anacronismo. Edith Piaf Edith Piaf Edith Piaf, e a canción que se chama I'll light the fire porque a quero así.


Ao mellor é Rebecca pero menos perfilada
ou máis, ou difuminado nun clip de aha
que se mollou
ata os ósos
nese almibre (alambre)(almibre) que me produce a flor de pel.
O escenario poñoo eu cos regueiros de tinta entre os dedos
tortos e sorprendentemente tarántula
preciso
two cats in the yard
e non quero yard senon un piso de Amélie vermello e verde
con sitio para os papeis de celofán
e para o teléfono de cor crema e os coxíns e as mantas polo chan
e cintas de cassete rotuladas
porque non concibo nada sen cintas de cassete rotuladas.

E enchelo todo de tremolos, dos de Edith
dos rosas coma cunchas
e ter a violencia toda gardada nas guirnaldas
para tirala como piñata cando haxa moito pó nas habitacións
e queden grandes ate para os meus pés
e o Camus (para quen nono sepa, crocodilo) moribundo na bañeira.

Aire de lápices carioca
e unha falsa escena de amor e un falso baile
para a falsa pomba que foi todo ese tinglado de peixes a revolverse
e a balea que non se foi a tempo para que isto quedase redondo
na peceira da carpa
non se volveu dourada nin hai esperanza posible de que o faga.

Porque everyone I know goes away...
pero teño na palma da man aínda
notas distorsionadas
o vinilo de Edith roto en anacos (sen simboloxías pesimistas, por favor)
o vinilo está feito a propósito                                                 rosa
                                                                                         adorable
                                                                                    I'll light the fire
[and you'll place the flowers in the vase
                                       that you bought today...]

                                                     

                                                                                                                                ...in the end.
     

sábado, 11 de junio de 2011

Crocodilo. Soamente quere unha historia, un peixe nunha cunca, vaise volver de ouro en canto medre.


Atopar un crescendo
que leve a inocencia da man
tildar a alguén de
tildar
todo
a chuvia molla
síntome estúpida
cada vez que teño que explicar
as plantas de beizos murchando
non falan, non falan
síntome estúpida
nunca serei unha cretina, prefiro as vogais
algunha vez entendiches aos marcianos da torre italiana.

Rexeitar
rexeitarte todo ata as plantas de ollos que me rodean
ás veces
pero non quero terche nunha peceira de vidro
quero terche apreixado entre as mans
nun oco tan pequeno
que non che vexa
en tódalas cousas
en tódalas paredes que impregnes

"Ojalá pase algo que te borre de pronto.
Una luz cegadora, un disparo de nieve.
Ojalá por lo menos que me lleve la muerte..."

domingo, 5 de junio de 2011

Crocodilo. Segunda badalada dunha caída inminente, operación de amígdalas.



Coma Brancaflor
preciso cada pedazo
do meu corpo.

Eu són carne e ósos
chocando nas esquinas
e é a única parte que segue fiel coma un canciño
mollado.

Eu son consciente e pensamento
que traizoeiro vende a lóxica ao mellor postor
maquinaria soviética
cristasol que me envelena na hipocrisía.

Eu son lentamente os tolos
pugnando por saír do cárcere
golpeando o muro coas cabezas de animais
as máscaras e os disfraces de segunda.
Os tolos que me desgarran por dentro a grandes tiras
córrenme nas veas formigas
coma nos sumidoiros de Roma
e cada dedo é unha fonte e un mesías.

Mesías dos segundos
acariño a túa cabeza de can
mollado.

Eu vivo
como ser orgánico
nunha automutilación desexable.

sábado, 4 de junio de 2011

Crocodilo. Por unha vez no propio instante, unha muller cun furón, tarántulas por doquier.

[E o ciclo dos crocodilos tan fermoso, tan fermoso...]


Oh Lily Lily pleure, Lily pleure pour moi...
E ti non és máis ca
a imaxe que estou a buscar en cada ollo
en cada pequeno Berlín que se me cruza no camiño
en cada proxecto de balea reconstruída
do sabor salgado do liño
rasgándome a ligua e a garganta
flúe
e sinto ter gastado tanto, tanto
nun pedazo de carbón negro con forma de pruma ao sol.

Estou a ver reducirse as sombras do declive,
sacar a foto nunca será tan próximo e
meticulosamente calculado
(sorrisos de calculadora? xa non pertencen aos pavos reais).
Así que usurpa e corrompe a pel
dos pexegos que tiras contra o parabrisas
estou a gastar demais as tiras de té
nunha escaseza de vida.

Os crocodilos poden comezar xa agora a devorarme as entranas
e terán un mísero fato de carpas como as de Momo
que xamais serán de ouro
ou poden arriscarse coa seguridade de que os seus cans
degolarán as pombas imprevistas
someterse á luxuria do vaivén
no seu estanque denso de vidro "No Past Land"
e volverse
[re-evolución]
re-volverse ata tinguir as augas coa súa sangue amarela e feroz
e acordes pesados de guitarra desesperada,
xime
['cause trees don't cry... e eu xa non son árbore e teño dereito a xemir]
e un par de cancións de xofre.

A cambio da recompensa maior,
de estarse alimentando un ano
dos retais de vellos furóns.

La gorge remplie de vodka...
...and I want more than I can get...