jueves, 22 de junio de 2017

Histeria colectiva.

Quen tes que ser?
Quen creas tódolos días abrindo os ollos ao mundo que deixaches todo revolto?
Tódalas caras como espellos reflectimos isto.
Temos que ser.
Temos que ser.
Tódalas caras como espellos reflectimos isto e todos
absolutamente todos
participamos.
Esa persona que non sabe facer
o que ten que facer
como o ten que facer.
Esa persona e ti miras como un espello para darlle na cara
coas túas fotos enmarcadas, cos teus horarios e revistas
cos medos e flores e preguntas
nada benintencionadas.
Se queres respirar, rompe.
Rompe o espello pra os demais, rompe esa vida
de impoñer moldes de galleta en corpos espidos,
de traballos e casas e coches e matrimonios preestablecidos.
Rompe a bolsa de expectativas quentes que fumean e nos queiman a todos,
queres que ardamos todos no inferno?
Rompe o que sexa que teñas ata a derradeira célula do teu corpo.
Ninguén está aquí para nada.
Só camiñamos e tocamos o chan cos pés e sufrimos e gozamos e logo
morremos.
Só nos achegamos para mitigar o frío que nos abruma.
Temos que ser?
Temos que vivir. Latexar o corazón meter aire no organismo e
apertarnos contra outros corpos.
Mírate as mans e dime, qué teñen que ser?
E ás miñas mans, que expectativas lles porás enriba?
Atopa a verdade no centro do estómago e tódolos espellos
se volverán auga triste e medorenta.
Todos podemos chorar nos brazos do outro.
Todos somos xa, nada máis.
Ti xa és.

No hay comentarios:

Publicar un comentario