martes, 20 de junio de 2017

Quen diría que estrañaría o sofá.

Quen diría que estrañaría o sofá.
Quen diría que estrañaría os nomes e as cousas
tan pequenas
que apenas agora souben
que gardaba comigo.
Que estraño os principios e os finais
que estraño a vida
e a aventura.
Quen diría que estrañaría deste xeito
no que é doloroso verche tan alleo.
Deste xeito.
Sei que ti tamén estrañas,
estou certa,
as paxariñas e as longas historias.
Estrañemos xuntos ao mellor, aprendamos
a estrañar as cousas que non volven.
A dor intensa desta noite como un frenazo
do coche sen control no que viaxo.
Mañán a vida darame novos minutos
e mentres tanto
quen diría que estrañaría o sofá como o estraño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario