domingo, 16 de julio de 2017

Nunca morro.

Son as sete coma sempre.
Sempre
son as sete.
O tempo pasa moi moi rápido
tan tan rápido
que non me da tempo a afacerme.
Tan tan rápido
se acaban os días e empezan as noites
e o meu corpo adormece como as avelaíñas.

E eu non morro, nunca morro
nin ás sete
aunque sangren os poros
pero case sempre hai un sorriso.
Nunca morro.

E todo da moitas voltas ao meu redor
e unha voz canta no cuarto do lado en movemento
e nunca as decisións foron tan suaves e malditas
eu non nego que me poida equivocar por completo...

Pero se me construín eu mesma a partir da area
e aqueles que me acompañan pagan sempre ben
a pena
todalas pozas nas que meto as dedas me desfan un pouco ás veces
mentres eu sexa eu non haberá nada
que se torza.

Os camiños son inescrutables mais son meus.
Non ves mundo que anque me mates eu non morro?
E se morro, cando morro, iso está ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario