jueves, 1 de junio de 2017

Troula.

Unha batería de camións nas dedas dos pés
que corren.
O paso firme move cada fibra do meu ser.
Mira atrás, miro adiante, fago o que me peta.
Pero non me paro, non me deteño nin un segundo.
A felicidade é isto?
Ser tan libre
de pantasmas que atormenten a feble realidade.
Agora a realidade é como un templo grego e eu tírome
tírome ás rúas e camiño con xente, rindo e falando alto.
Bicar bocas e tocar corpos e falar e rir ata morrer.
Dar patadas ao aire para chegar a algures.
A persoas están todas acubilladas nos seus niños, sempre soas
e eu vou e póñolles unha man nas costas para que solten o peso.
E eu vou e dígolles que a vida
é como unha rúa soleada na que se tiran pedras.
É como espellos ao vento mariño.
É como estar mollado e seco, sempre.
Pero o amor, o amor xamais falta
mentres eu viva as luces son animais
e os xestos son auténticos.
A timidez é un rasgo que non me beneficia en nada
mais non botarei de min ningún gato callejero.
Todo está permitido.
Todo está permitido.
Todo está permitido sentir.

A vida é así, eu nona inventei.

No hay comentarios:

Publicar un comentario