jueves, 1 de junio de 2017

Estancia.

Supervivencia social e demais parvadas leváronme
a usar palabras mortas con ollos vivos.
O mundo cambia tan rápido, xira
que da vértigo só pensalo.
Dicir as cousas da medo se a lingua non pode colocarse na mesma posición
e moverse cara atrás para cambiar de dirección.
Facer as cousas da medo se podo ferir
ou se os cervos foxen aterrorizados na noite.
Máscaras que uso pero que non van comigo.
Metáforas que ocultan auténticas historias.
E inda así, desfrutar do baile.
E inda así morrer un pouco.
E inda así saber que pode ser un segundo, dous,
millóns.
Quen o sabe? Ninguén o sabe.
A sombra dun titán amable agóchase e mira dende o fondo.
A sombra do pasado non pode impedir un presente arrollador
que me deslumbra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario