lunes, 9 de marzo de 2020

First Dates.


Ás veces son como un animal que se esconde pra morrer
debaixo de casa.
Son como un animal e miro fotos sen ver nada.
Hai dores que non me gusta compartir
por un placer egoísta de telos baixo control
como non comparto as fauces nin as manchas
mentres si comparto o sangue e as entrañas.
Síntome enteira como un día de maio.
Síntome enteira porque son imposible de partir
nos átomos que me conforman, na mazá da estrela
que me apodrece no peito.
Na persona que non foches e que non seguiches sendo.
Na persona que era coma min e non o era ao mesmo tempo.
Por iso non te comparto nin sequera
se te vexo como unha pantasma un día de festa
por non perder a carga, por non sentir
que te estou dando a quenes te van romper cas mans tan duras.
Aquí, debaixo da casa
non teño que chorar lumes nin arroanzas.
Non teño que encher o mundo de tantas nadas.
Podo só ouservar as formas que vou tomando
en silencio
onde a morte me agarda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario