miércoles, 11 de marzo de 2020

Podería ser un soliloquio pa teatro.

Estou de novo deitada nesta poza de alquitrán
que é a realidade que me rodea. Estou aquí de novo e dime
por qué a vida se sinte tan perto.
Por qué non se me roubaron tódalas pedras do deserto.
Por qué temos medo e temos medo e temos medo.
Por agora vivo, e logo? logo seguirei. Aquí ou noutra parte.
Lonxe dos ollos de tódolos que me miraron.
Arríncada de raíz unha e mil veces e botada ó mulime.
E se non quero ser máis ca iso?
Ser máis ca o conxunto de fervedoiros que me afogan?
Pasa algo e logo nada, e logo nada, e logo nada.
As horas percórrenme como se me violasen.
É se non quero ser máis ca iso?
Que xa non aspiro a máis alentos ou ofrendas,
que mirei á realidade aos ollos e chorei
sostendo a mirada
de aquela que me vive e que me mata.
Na cidade rota sobrevivimos como podemos
e logo
morremos.
Intermitencias un e dous e tres.
Intermitencias as peles nas nosas.
Fortuna e sangue
e medo
iso é todo o que me queda esta mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario