lunes, 23 de mayo de 2011

Anacronismos. As espigas de trigo fanse harmónicas e no lonxano oeste rodan a pelusas da túa cama.

Sei que en noites de debilidade
cando teño os cocodrilos a devorarme as entrañas,
cando a música produce un delicioso fastío
e apurei a última pinga de cervexa
boto de menos a imaxe
e sucumbo á idea das pombas.

Á súa cárcere
etérnamente liberadora
narcótica
cárcere ao fin e ao cabo, que permitía cantos bailes de disfraces
quixesen.

Ás veces penso
en que as esculturas de ovos non son tan divertidas
en que preciso un sofá desesperadamente,
ás veces penso laranxa
e si, na marmelada.

Pero sei que eras xa un estado
de lei separatista
e non son coma Berlin nin
David Bowie
nin era quen de vivir no mar morto sen lamer o sal que me escurría nas meixelas.

Agora só boto de menos
unha imaxe
e non odiar as pombas
nin mandar os meus cans cada noite a degolalas en fermosos bacanais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario