martes, 31 de mayo de 2011

Another Rockabilly's song. Revolucións son trompetas.

Trompetas
do triunfo
que corrompen e se misturan.
Coma fungos atropellan as gorxas sedentas
das victorias doutras épocas
misturadas nos periódicos de onte.
-que se queren facer retro, parece-
Nos ollos cegados polo flash de xente cansa
en austeros ángulos
paladean as súas horas pensando
"a toda cor" e non veñen detrás os pinceis.

E rodan as persoas nos desertos de Alabama.
Non precisades tintes ante tamaña ofensa
mentres outros limpan o negro cuspe da cara.

Queiman as prantas dos pés sobre a lousa por demostrar.
Demostrar?
No fondo só vives.
Non se fai máis que estado da transición,
non hai máis existencia
que nos berros inútiles, enchidos de trompeta.

Nos xuízos, enormes eirugas
servirán de propia propia castración
e amañecerán entre brancos xiróns
xentes de groso caramelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario