Tes unha fame negra que non sacias.
A tranquilidade dun pastor do pensamento.
A intelixencia do gato invisible.
A seguridade das árbores e os heroes.
E aínda teño que collerche nos brazos e chamarche pequeno.
miércoles, 26 de junio de 2013
P. Sherman calle Wallaby, 42 Sidney
Quero que os vellos poidan ter sexo, sen importar as enrugas nin as viuveces.
Quero que as esquinas non constriñan as almas, para que non se atopen perdidas.
Este é un mundo que da medo entre os seus coches e empregos e casas e tronos e estreiteces e escaleiras.
É un mundo que da medo porque os soños escachan nas necesidades máis exiguas.
Porque ninguén sabe e sabe máis ca ninguén. Porque nas aldeas xa non se baixan pedras do monte.
E dime, neste mundo, cómo vivir sen morrer, como gañar sen perder, cando parece a resignación a única saída que nin sequera é saída, cando se volve practicar o sacrificio humano.
E dime, neste mundo, cómo librarse da compañía imposta, e da soidade crónica.
Se é necesario unha vila de mar, se nós somos todos peixiños que saímos do fango, se somos os que o recordamos e queremos volver a el.
Quero que os vellos poidan ter sexo, sen importar as enrugas nin as viuveces
nun mundo no que o sol se pon cada día máis rápido e as xentes das rúas xa nunca se poñen
porque o mundo gris chegou a unha decadencia de imposibilidades, morrendo os paxaros nas aceras, querendose os nenos nos parques, rebentando cos oídos dos grandes.
E dime, neste mundo, cando teremos un can.

martes, 25 de junio de 2013
Gato negro
Deixas un oco nos sitios, nos sillóns e nas marcas da roupa que me enrugas.
Deixas un oco expectante de presencia que pide que lle quiten o aire.
Deixas un oco de apuros esquencidos e bólas de lá medorentas.
Deixas un oco da luz cálida que baixa os ollos contigo.
E ese oco toma forma e aprende a comer e durmir. Ese oco non afoga nos mares de baixo a cama. Ese oco navega pola liña da cordura. Ese oco aloumíñame nas razóns de non teimar en ser infeliz.
Ese oco enrédaseme nas pernas e vólvese o gato.
Lámbese os fuciños e ousérvame dende a liña do tempo e máis alá do ben e do mal, dende un punto no que toda metafísica se fai posible e imposible nunha caixa. Ese gato sume na confusión ata ás dedas dos meus pés e invade o meu nome no ceo.
Se os seus ollos son as ventás. Se o seu corpo é a miña cama. Se o seu sorriso é a miña condición.
Ese gato non ten o nome dun científico con puntiños nin parece que tome o té así que non hai nada que temer.
É un gato perigoso porque eu sei que está e que non está á vez.
É un gato perigoso porque é dúas veces animal, dilema a porta pechada.
É un gato perigoso porque se queda aquí.
É un gato perigoso, porque me leva a min se marcha.

sábado, 22 de junio de 2013
Pis na cama.
Oes, ti cres que por cortar o pelo se van os anos?
Que volvín sen querer a un pasado de roupa e zapatos pequenos?
Ti cres que é normal que chore tanto coas pelis, e os libros e o pensar das horas mortas?
Que os traxes non se me axustan ás pernas e os animais me roldan polo corpo con brazos bobos?
Cres que é normal que siga notando presencias, e a veces incluso véndoas polo rabiño do ollo, nunha sensación case tan real coma o corte de pelo nunha barbería, ti que crees?
Que proxecte fóra de min tanto o que hai dentro que xa case nonos distinga, que necesite presencias que acougen a soidade polas noites?
Cres que está ben que a veces queira poder berrar por un vaso de auga para que veñas aquí a traermo, e a darme un bico e que a ver se me durmo dunha vez que non son horas e ti tes tanto sono...
A dúbida é o sino do desterro
dun corpo que prega por ser habitado
por mans confusas que o acariñen e lle digan que non pasa nada.
E a soidade convírtese nun gato negro para desaparecer en si mesma
e que así eu non chore tanto.
Debátome entre o sono e a barbarie, e os problemas dos meus paradoxos, e as cuestións que se resumen a escoller se facerme ou non pis na cama.
Oxalá tivese un tellado propio contra o que tirar pedras
e así deixaría de ser unha métáfora e durmiría mellor.

Dieta de verán.
Debemos atopar un xeito de que o verán se estire.
De agarralo polas puntas e que aumente de tamaño como os monstros aos que lles das amor.
Eu faríalle tódalas madalenas que quixese para que engorde e se faga ben grande, para que non morra nunca, para non estar máis de luto tódolos meses de inverno e ter que torcer a boca e chorar no teu ombro un chorar idiota, de pelos na gorxa e causas perdidas. Non me gusta en inverno porque ti tamén tes pelos na gorxa e causas perdidas e non podes chorar.
Debemos atopar un xeito de que o verán se estire. E que pase o clima para que caian as follas e as árbores da alameda sexan como mazás Fuji e que chegue a neve, e se en inverno nos fósemos a lugar alto para poder sorprenderme cada mañá de que está nevando? Que bonito...
Pero que o verán se estire, que tome forma e cor e que cubra co seu manto cada segundo e cada rincón, para volvernos unha vila pequena de debuxos animados, e poder discutir durante horas sobre cousas imposibles e facerche o amor sen que o fastío cubra todo da súa cinza.
Cómo fago para que dure ese tempo de tres meses no que ti eres ti e eu son algo que sinte e ule e salta?
Cómo para non despedirnos, sen sabelo, ata o ano que vén?

Tempo cíclico.
Dixen moitas veces que quería morrer xoven.
Os recordos pésanme como un tren de cousas usadas ás que querer, non imaxino que se poida chegar moi lonxe. Ademais sobrevivirche sería tan duro, metida nun edificio limpo ou no baúl da melancolía, agardando que o tempo remate para disolverme. Non existe a morte natural.
Pero quizais chegar a vello é o teu premio despois dunha vida complicada e dexenerativa.
E quizais cando chegas a vello déixanche ser libre mesmo dos teus propios medos.
Quizais tamén che deixan ser libre das cousas aprendidas, menos das importantes.
Quizais o máis parecido a ser neno sexa ser vello.
Quizais o máis parecido ás primeiras veces sexan as derradeiras.
Quizais volva a sentirme nerviosa no derradeiro bico, e ti tamén, quizais.
Quizais pague a pena despois de todo.

viernes, 21 de junio de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)