1. Que a virxinidade non existe.
O paso dos biquiños inocentes ao sexo puro e duro pode parecer un gran paso para moita xente. Isto é así, coma sempre, porque así nolo venderon. O sexo non é un pene nunha vaxina e iso parécenos evidente a moitos (sobre todo o moitos que xa o vivimos) mais non tan evidente a outros e, sobre todo, outras. Todo é sexo señoras e señores. As caricias pola pel núa, os bicos electrizantes, a masturbación entre dúas (ou mais) persoas, o sexo oral, o sexo anal, os xoguetes, o sexo telefónico... mesmo a propia masturbación na intimidade do cuarto é sexo. Que é a virxinidade? Non é nada, non existe. Cadaquen ten a liberdade de desfrutar do seu corpo como queira facelo, con ou sen compañía, ao ritmo no que se sinta cómodo e a gusto. Tamén ten a liberdade de non facelo. Pero a virxinidade é unha pantasma que nos persegue, nada máis ca iso.
2. Que a primeira vez (que unha practica o coito) non doe.
A ver, en serio, non ten por qué doer, non ten sentido. A primeira vez adoita doerlle ás mulleres polo simple feito de que iso é o que agardan que pase, iso é o que lles dixeron que pasaría e, en xeral, están cagadas de medo. A ruptura do himen, que é algo que non acontece tan habitualmente como se pensa durante o primeiro coito, non é tremendamente dolorosa, de feito a moitas rapazas lles rompe durante a infancia ou practicando a masturbación sen apenas darse conta delo. Tampouco se ten por qué sangrar na primeira vez (normalmente tanto a dor como os sangrados non proveñen dunha ruptura do himen, senon de que os músculos vaxinais están tensos polo medo ou o nerviosismo e os tecidos vaxinais rompen lixeiramente). A clave está na confianza e na escolla. A confianza nunha mesma, sabendo que se ten o control da situación, e a confianza na parella sexual, que está ahí para axudar e ser axudado a que ese momento sexa pracenteiro. A escolla porque a muller debe desexar o momento da penetración, non acceder a elo como un trámite máis do encontro sexual. Desterra o medo e nunca sufrirás dor durante as túas relacións (a non ser que ti queiras ;P).
3. Que ela é tan responsable de pasalo ben como a súa parella de facerllo pasar ben.
Isto significa: non agardes a que a túa parella sexual saiba o que che gusta e como che gusta. Pode que nin ti mesma o sepas, non pasa nada. Pero un encontro sexual é sobre intercambiar información (íntima) co outro. Participa activamente, non te deites agardando un milagre. E sobre todo, fala!
4. Que non debe facer nada que non desexe facer nin forzar á súa parella sexual a facer algo que non queira facer.
Creo que isto non precisa moita explicación. Nin súplicas, nin chantaxes emocionais ou de outro tipo, se a persona manifesta claramente que non desfrutaría facendo iso NON o fai. Se ti sabes que non desfrutarías facendo iso NON o fagas.
5. Que o condón é un cortaroios e non se sinte igual, pero en moitos casos é ABSOLUTAMENTE imprescindible.
A ver, non somos parvos, o condón non mola. Inda que teña certo compoñente de xogabilidade o que nos gustaría de verdade sería poder facer todo a pelo sen riscos ningúns. Mentirlle ás novas xeracións dicíndolles que apenas se nota, que é o mesmo, é tomalos por idiotas, así non se educa. Pero en moitos casos o condón é 100% necesario, primeiro polo contaxio de enfermidades (non é ningunha broma) e segundo pola posibilidade de embarazo. O condón masculino tes que poñelo xusto no momento e inda que non son un home supoño que cubrir esa parte sensible do teu corpo cunha goma que apreta non debe ser a cousa mais agradable do mundo. Existe a opción do condón femenino, que podes poñer antes da relación sexual, pero se non era suficientemente caro de por si probablemente precises tamén lubricantes (de base acuosa). O que é moi importante ter en conta é que se te vas poñer un preservativo para evitar enfermidades con esa parella sexual deberás usala para tódalas prácticas sexuales que: impliquen contacto entre xenitais ou os fluídos destes (entre si), impliquen contacto entre xenitais ou os fluídos destes e a boca.
Por suposto hai opcións seguras para evitar o preservativo, e estas son, evidentemente: ter parella sexual estable, usar outro tipo de anticonceptivos e facerse revisións periódicas.
6. Que o/a xinecólogo/a non se vai escandalizar por tremebundas que sexan as túas aventuras ou intencións sexuais. Cóntallo e pregúntallo TODO. Está ahí para velar por ti.
Da igual o comprometidas e vergonzosas que sexan as preguntas que teñas, fainas, os xinecólogos estudiaron para que ti poidas ter unha vida sexual plena e segura. Inda que teñas que pedir cita para preguntar cómo facer X práctica de forma segura.
7. Que a regla non é unha maldición nin a cousa mais asquerosa do mundo: É tan só sangue e tecido endometrial.
En serio, que non pasa nada. Seguro que se caes no patio e raspas o xeonllo non che da tanto noxo.
8. Que tes dereito a vestir como che de a gana sen que ninguén teña potestade para abusar da túa confianza ou sobrepasarse contigo.
Como se entras espida nunha discoteca ás 4 da mañá, vale que eu non o faría por precaución e tal, pero ninguén ten dereito a poñerche un dedo enriba. Tampouco está xustificado NADA sen o teu consentimento, e por iso é importante que ti mesma te comprometas a soster a túa negativa. Tamén tes dereito a ser respetada, vistas como vistas, e tes a obriga de non xulgar a ninguén polo seu xeito de vestir.
9. Que tes dereito a decir que non en calquer momento, e debes respetar o "non" do outro.
Da igual o momento, da igual que xa o fixeras antes con esa persoa, da igual quen sexa: ti decides SEMPRE.
10. Que os teus desexos sexuais están ben.
Está ben que teñas fantasías, está ben que te toques ou que deixes a outros que o fagan sempre que sexa o que TI queres e que o fagas de xeito seguro e con alguén que vaia respetar os teus desexos. Está ben ser sexual, ter ganas, ser promíscua ou non. Está ben probar inda que non te identifiques cunha sexualidade determinada e está ben que non probes se iso che causa rexeitamento.
11. Que todos podemos cagala: recorre a quenes poidan axudarche a facerte cargo do problema.
Todos cometemos erros, e inda que procuramos que non pasen, ocorren accidentes. Non teñas medo en acudir á túa familia, médicos... calquer persona adulta e comprensiva que che axude e che apoie no teu problema. Todo ten unha solución, pero soa pode que non a atopes.
domingo, 8 de marzo de 2015
sábado, 24 de enero de 2015
Junge
Por qué saír do mundo
a outro mundo de papel, que rompe fácil
cando me cae a taza ao chan, son así de torpe.
Por qué un mundo con animais raros e medos imposibles, cos fíos cosidos ao peito.
Por qué escoller o camiño difícil, o camiño fácil, o camiño da espuria. O camiño verdadeiro.
Por qué arrincarme a pel nas pedras do camiño, para ver brotar as prumas que me farán voar?
Para ver brotar o sangue que me matará na lama du mal xesto?
Quizais a dualidad nos asusta ao aburatarnos o peito de remorsos, e os remorsos nos inflaman se o espertador sona para un lugar indesexado.
Resistirse, pelexar na graxa do incerto, para qué sirve?
É mellor ser xoven, tinguir o pelo de cores e decepcionar a boca do mundo que traga.
É mellor morrer pelexando.

jueves, 22 de enero de 2015
Se te vas.
O aire morre nos meus pasos, pequeniños
porque agardo as forzas de novas flores que me agarimen.
A fotos caerán en cuncas baleiras, e máis música encherá as miñas tardes, que ximen.
E cando acaben as excusas e os modernos decorados e leve xa mais de dous meses sen facer un estofado
entón recordarei a derradeira vez que che mirei sen derrubarme.
Entón saberei que nin sequera eu mesma podo rematarme.
Porque os croíños do meu peito xa non saltan na auga podre dun estanque que unha vez foi moi azul.
Porque as lanternas que me guían se fatigan e me deixan soa e escura na nevada deste outono duro e crú.
E o sangue do meu peito brota e brota sen alento agardando unha oportunidade, tan só unha oportunidade
de atopar polo camiño un ser sinxelo pero divino, que sexa a túa sombra, que me deixe sen respostas, que me leve ao seu carón a ver a noria.
Pero eu sei, e seino moi moi ben, que nunca haberá animales como os que ti me creaches
tan durmidos e fermosos e latidos presurosos,
que non encontran a saída que morren na misantropía dun mañá, que torce o xesto, é moi molesto, derrete o mar.

domingo, 9 de noviembre de 2014
Derradeiro poema nº3.
Se vísemos os ollos das cousas quizais
xamais nos sentiríamos sós.
Mais a soidade é unha pel que se habita incómoda
cando o anhelo nos enche de pequenas pinzas,
dos papeis do mes pasado, dos soños compartidos.
A soidade é falar de tempos remotos cun boli bic
agardando non morrer nas mans do outro
agardando non morrer no seu latexo incerto.
A soidade é unha capa crúa de escepticismo
contra os tanques que se apuntalan nas comisuras do corpo,
é o non durmir e o durmir, o respirar e exhalar
o fume vermello dun sangue roto.
A soidade é a pregunta con cen globos
que cantan e bailan entre estradas escuras
e a dor do sol que me queima, coma aos vampiros.
A soidade é a tenrura das mentiras
que protexen ao mundo de desfacerse en anacos.

Derradeiro poema nº2.
Sei que podo ser como unha pequena bolboreta,
algunha dunha especie rara e pouco común,
que non esperas que viva demasiado
como o amor de quince anos.
Mais tódalas cousas que apartas van a algún lugar
e os peixes máis lonxevos me revolven os miolos
co pitido dun reloxo.
Foches un heroe, un mestre, un bandido
foches o xinete do aire cortando o vento dos fastíos
e logo foches un niño para acurrucarme
unha candea pola que chorar
un espazo agardándome.
Foches tanto coa túa guitarra e cos teus costumes macabros
que tamén foches a tinta indeleble nunha biografía tormentosa,
as ascuas dunha alma perdida
o irmán que compartiu comigo o seu sangue mais vermello,
a súa ollada máis triste,
o seu sino máis decadente.
Eu teño agora unha alma febril e non ha espertar
senon ante a ilusión dun novo verán.

Derradeiro poema nº1.
Nunca ninguén atopará o sitio
no que a pedriña do zapato non moleste.
E eu non atoparei o sitio onde deixar tirado
o recordo mollado dunha tregua.
As rúas son grises e ás veces soleadas
cando os meus pés me levan a ese anaquiño de perdición
no que non bebo alcol, pero case
no que non berro contigo nin tampouco me río
na miña habitación revolta de clases e fibras soltas.
Ti e mais eu sabemos que na adolescencia todo importa,
que eu me quedei cun pé na mugre,
que tomaches un avión á indiferencia
onde as promesas non aforcan o embigo e as palmeiras dan luz de neón.
Ti e mais eu sabemos que sempre foi un erro querérmonos
e xuntar os dedos na irmandade das bágoas secas
e os compact-disc.
Eu atopei ás veces as túas migallas nos altofalantes do meu derradeiro verán,
e tódolos días agardo que voltes por min
como se foses un can salvaxe que vagabundea na cidade.
Porque ti e mais eu sabemos que nunca foi un erro querérmonos
inda que finxas que si co teu sorriso ladeado
e eu agardo o sangue dourado que corría polas nosas veas, neses días,
nos que nada importaba máis que os peixes e ecos.

sábado, 4 de octubre de 2014
Idem.
Pregúntasme cómo vexo a madeira
como se iso importase, e importa.
Importan as nosas ganas de espertar, e a confusión,
o espello.
Importa oírnos, escoitarnos, entendernos?
Importa amarnos, e todo iso, ser felices, ter un canciño.
Importa a miña soidade
a frustración, a indiferencia e estatismo con que o mundo me ignora
ao igual que a xente á que máis quero.
E é só óptica, cristais, puntos de fuga.
Importa que sexas coma un xerro de auga que se enche,
importa o meu medo, importa o teu non, sempre importa.
Mais o que máis importa nesta noite é aprender
que un amor xamais é recíproco.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)