Por qué saír do mundo
a outro mundo de papel, que rompe fácil
cando me cae a taza ao chan, son así de torpe.
Por qué un mundo con animais raros e medos imposibles, cos fíos cosidos ao peito.
Por qué escoller o camiño difícil, o camiño fácil, o camiño da espuria. O camiño verdadeiro.
Por qué arrincarme a pel nas pedras do camiño, para ver brotar as prumas que me farán voar?
Para ver brotar o sangue que me matará na lama du mal xesto?
Quizais a dualidad nos asusta ao aburatarnos o peito de remorsos, e os remorsos nos inflaman se o espertador sona para un lugar indesexado.
Resistirse, pelexar na graxa do incerto, para qué sirve?
É mellor ser xoven, tinguir o pelo de cores e decepcionar a boca do mundo que traga.
É mellor morrer pelexando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario