Sei que podo ser como unha pequena bolboreta,
algunha dunha especie rara e pouco común,
que non esperas que viva demasiado
como o amor de quince anos.
Mais tódalas cousas que apartas van a algún lugar
e os peixes máis lonxevos me revolven os miolos
co pitido dun reloxo.
Foches un heroe, un mestre, un bandido
foches o xinete do aire cortando o vento dos fastíos
e logo foches un niño para acurrucarme
unha candea pola que chorar
un espazo agardándome.
Foches tanto coa túa guitarra e cos teus costumes macabros
que tamén foches a tinta indeleble nunha biografía tormentosa,
as ascuas dunha alma perdida
o irmán que compartiu comigo o seu sangue mais vermello,
a súa ollada máis triste,
o seu sino máis decadente.
Eu teño agora unha alma febril e non ha espertar
senon ante a ilusión dun novo verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario