Quizais son coma unha planta
e simplemente existo
e teño folla caduca porque en inverno morro co frío e só quero durmir
e logo en canto sae o sol xa todo mola e tírome coma un lagarto a desfrutar das enerxías.
Se puidese comerme o sol todo sería máis fácil, viviría moitos anos e volveríame sabia.
Se fose unha planta tería raíces fondas ben a gustiño na terra, e din que as raíces das árbores son como o seu sistema nervioso.
Se fose unha planta, por exemplo unha cerdeira, daríache felicidade, e o sexo só sería subirte a comer cereixas. E logo poderías ser un heroe vello que morrese por min.
Se fose unha planta eu nunca podería ir a buscarche, e ti sempre poderías buscarme a min.
viernes, 21 de junio de 2013
Vou comezar unha revolución dende a miña cama.
Onte pegueille a Hermes unha paliza.
E iso que coa tontería de que lera un libro de pequena no que Hermes era un can e foi o meu libro preferido moito tempo e ademais era da raza exacta que me gustaba cando tiña 6 anos... non é fácil pegarlle unha paliza a alguén así. É como pegarlle a alguén que se chame como a túa muller, non? nono víchedes nas pelis?
Era necesario desfacerme de coirazas e filtros para descubrir a merda que teño dentro.
O meu peito era unha depuradora de augas residuais. E a ti non podía mentirche.
O meu peito era unha depuradora de augas residuais e o almacén de todo o refugallo é o que me late exiguo pedindo piedá, que joder, que non se pode abrir ahí un cemiterio nuclear sen pedir permiso. E menos se é este corpo o que che regalo.
E non me importa dicilo así, inda que veñan quenes nós sabemos a dicir cousas políticamente correctas ao respecto. Ademais o meu corpo é a miña alma, son un pack. E ti telos porque eres o único que nonos rompe.
Son o boneco caro que só se lle da aos nenos coidadosos.
e eu non son coidadosa, que va, son torpiña, xa mo dis ti sempre, dilo dese xeito no que as palabras sufren mutacións de chernobill e acabas dicindo quérote, pero igualmente é certo.
Son torpiña comigo mesma
que quero voar e non podo
que quero lamber e non gosto
que quero viaxar sen saír daquí
que quero coñecerme e non me falo
que quero facer e non fago
que quero comezar unha revolución dende a miña cama.
Pero se non lle pego a Hermes unha paliza
ata destruílo de vez
como vou saber quen son mellor ca ti?
Como vou librar os teus ombros da carga do mundo?
Cómo vou poder quererte sen máis, para o resto do tempo, como se fose casualidade...
Pero que che quede claro, quérote máis que ao recordo infantil de Hermes, quérote máis que esconderme, quérote máis aínda.
Que lo sepas.
sábado, 15 de junio de 2013
Re.volta
Nas noites frías e duras teño formiguiñas que me esconden.
Todo me esconde un pouco de ti e dos malos días.
Agardo insomne desesperanzas que habitan e vomitan tercas, aplanando as distancias, compoñendo marismas, estando.
Estando encantadas e a señora do anuncio igual "y esa presencia extraña? es mi madre" e miña nai non me da de comer e está botando a sesta sen chaves nin millo.
E pregúntome que é a dor cando sanas das túas feridas
e penso no solpor frío que me agarda tódalas noites na miña cama, porque é a miña cama, sí miña e o Polito durme no chan e estouno deixando afogar de mala maneira.
Dimitri e falta pouco tempo e os problemas escóndense detrás do esparadrapo de días calados, silencios olvidados, tormentas, un río de lágrimas.
E eu quérote toda a puta vida que me gastas e que me gasto eu á mantenta nos recunchos e imaxino que digo cousas en soños e soño que digo cousas na cama das que logo arrepentirme. E que non é certo meu amor, que non é certo, pero cres que o faría, eh? cres?
Sentir a decadencia nos ósos e non poder vela nin tocala nin arranxala nin medila e ter un apoio vago ao que boto limón nos ollos e tarifas de mensaxes e o facebook desactivado así non me molesta no micromundo de estar aquí.
Porque xa non sei que fago que os minutos se me escurren sen vivir e sen capturar recordos como abelaíñas, a pesar do moito que te quero, que xa non estas por estar demasiado.
Que xa non che encontro de vento.
Que me sinto orgullosa de verche a pesar dos cans famélicos pero empezan a ser horas de que se leven o estanque, que afogo na bruma de non estar esperta e non estar durmida, dun interminable coma da drogadicción.
Avísame, avísame meu conselleiro, xa me avisaches fai moito tempo. A felicidade e o tedio, as películas e as historias, soltarme saír ser fóra ser dentro...
E agora qué, ahí sentado ao meu carón sen ser consciente, sen que escoites palabras que non se pronuncian, xa non se escoitan as palabras e non é culpa túa. Nono é. Ti tes o teu mundo e eu teño o meu tempo.
Cómo facer todo isto sen matar a ninguén, nin os sorrisos nin os fraudes, como facelo cando che quero tanto. Se talan a árbore a quen te abrazarás?

jueves, 31 de mayo de 2012
jueves, 19 de abril de 2012
Un elefante bebé
nunca machaca ósos adrede.
Un elefante bebé mata porque vai frío
e a carne está quente
e quizais entre o crobo vermello atope algún peixe
que aproveite e coxuntura (e o líquido).
No branco e negro dos cans
non se distinguen os fluídos vaxinais da propia dor
e eu non distingo o vómito das horas.
Pero un elefante bebé
mata aos nenos con cariño
masturbándoos suavemente coa súa trompa azul
colocándolles ben os chuvasqueiros amarelos.
Os nenos non deben perder o chuvasqueiro
nin seguir vivos moito tempo.
Un elefante bebé golpeándose nas esquinas de pedra
onde habitan as vellas pantasmas
coma heroes verdes.
Un elefante bebé habítame
buscándome no frotamento dun arco de cello
lambendo as bágoas nutritivas de entre a borralla
machucando todos eses corpos pequenos.
Eu estou.
Estou.
Eu.
*pum*
Así mellor.
miau miau miau miau
vou matar un gato laranxa, non mires.
Un elefante bebé.
Meu elefante bebé.

miércoles, 14 de marzo de 2012
II
Son eu
o pequeno elefante azul
aparafusado da rabia
que gorgotea no almizcle das rúas molladas
(de tanto como xoveu)
Son eu?
E por iso me volvo madeira e vos esnaquizo
en follas douradas e cadáveres extraterrestres
por culpa dos significantes que debo destruír.
Chegou outra época de silencio entretecido
nas gasas de aceite, nos animais raquíticos?
Non respondas ou caeranche os dentes
pouco a pouco
sen que te des conta
e ao final todos estarán separados.
Mellor mastúrbate e bebe o teu propio azucre
para ser feliz.
Choro coa boca aberta por quilómetros
de sabas de pel quente
sobre as que rodar
e achegarme á intimidade verde do soño
e do bafo do can durmido.
E eu non sei se
estas
ahí
se che estou esnaquizando
se non debín vomitarche as horas
ou se vou arrincar esta pel azul de elefante na miña propia autodestrucción
(miña miña miña, por se non quedaba claro)
Pero existe o eixe precario dun torno
(arrincando metal e portas e chuvia de prata)
en domingos salvaxes que mostran o camiño das vacas verdes,
na seguridade dun palpitar alleo e ocre.

martes, 13 de marzo de 2012
I
Téñote aquí enredado
no nácar dun esquelete de elefante.
Raíces azuis despréndense dunha loucura
que non é máis que sucedáneo, non permite verquer o sangue
ou medirme os dedos.
Choro pequenos golpes de estrela
que sabe ambigua agora, a pesar de que da calor
e que era boa idea esa de botarse atrás coma
unha tristura de animal furioso
e reclamar tódalas horas
poñer mil anclas ao chuvasqueiro amarelo de Pescanova ou
sacar a man da cama (mi mamá me ama, mi mamá me mima, mi mamá mata ratas rojas)
para tranquilizarme con linguas de area.
E agora qué, eh?
Se xa non vexo ratas
nos arames
e todo son traxes grises que che quedan grandes
e che fan ollos de mediocridade.
Se che quitaron tódalas fodidas plumas,
e a min, tamén
e non podemos facer un espectáculo de coellos
e elefantes
e arañeiras e epístolas e sangue e area e flores e pedras e cordas e acenos e cuspe e pornografía e neuronas vexetais e prismas e alcohol e choros e tomates e seme e doces e peixes e laranxas e gasolina e todo
aquilo que che arrincaba dos dedos.
E se agora quedei sen animais
e son un fenec de grandes orellas que durme tranquilo
e me chega o inverno e as notas amables dos bechiños quentes e fetais
sen ollos
sen ollos.
E se só podo aprehenderche así? (che)
E se preciso unha chea de monstros, e crocodilos, e lesmas, e tentáculos no sexo?
E se preciso morrer?

Suscribirse a:
Entradas (Atom)