martes, 13 de marzo de 2012

I

Téñote aquí enredado
no nácar dun esquelete de elefante.
Raíces azuis despréndense dunha loucura
que non é máis que sucedáneo, non permite verquer o sangue
ou medirme os dedos.
Choro pequenos golpes de estrela
que sabe ambigua agora, a pesar de que da calor
e que era boa idea esa de botarse atrás coma
unha tristura de animal furioso
e reclamar tódalas horas
poñer mil anclas ao chuvasqueiro amarelo de Pescanova ou
sacar a man da cama (mi mamá me ama, mi mamá me mima, mi mamá mata ratas rojas)
para tranquilizarme con linguas de area.

E agora qué, eh?
Se xa non vexo ratas
nos arames
e todo son traxes grises que che quedan grandes
e che fan ollos de mediocridade.
Se che quitaron tódalas fodidas plumas,
e a min, tamén
e non podemos facer un espectáculo de coellos
e elefantes
e arañeiras e epístolas e sangue e area e flores e pedras e cordas e acenos e cuspe e pornografía e neuronas vexetais e prismas e alcohol e choros e tomates e seme e doces e peixes e laranxas e gasolina e todo
aquilo que che arrincaba dos dedos.
E se agora quedei sen animais
e son un fenec de grandes orellas que durme tranquilo
e me chega o inverno e as notas amables dos bechiños quentes e fetais
sen ollos
sen ollos.
E se só podo aprehenderche así? (che)
E se preciso unha chea de monstros, e crocodilos, e lesmas, e tentáculos no sexo?

E se preciso morrer?

martes, 28 de febrero de 2012

por favor meu neno
queda un pouco máis
co chuvasqueiro amarelo
quédate
teño un elefante azul
e é para ti
por favor quédate en pouco máis meu ben

lunes, 27 de febrero de 2012

Razóns.

1. Quero bicarme na pelaxe suave dun espello
e ser árbore adicta a tódolos peixes.
2. Quero a miña pomba de marmelada de outono
e o cachorro areoso que me ensina o sangue das vesches.
3. Quero ter masa azul nas mans, adoquín nos petos,
animais no corpo e HEROÍNA.

jueves, 9 de febrero de 2012

Noxo. Mans.

Cando me retocen así as cordas azuis e che atopo de novo entre os lugares escuros
entón ven o crocodilo sen avisar
e da igual que diga que non
que non é momento vaite
que me arrica os dedos coa mesma facilidade
nunha infinita mostra do seu amor
e todo se volve neblina
(como onte pola tarde, víchelo?)

Pero ti non
ti non
ti debes conservalas túas mans
castigareino por isto a través do meu corpo
por moitas veces que quixese destrozarche as tripas para chorar sobre algo mollado
és un neniño de ollos de auga e debo tolear eu soa loitando contra monstros pequenos que me entran pola boca
e os oídos
pero ti non, ti non, ti non
perdóame.
Ti non.

sábado, 4 de febrero de 2012

Yesterday 3 (luz)

Por unha pomba xoven
bastarda
os dardos amarelos atravésanme cada mañan
nunha rexeneración de cascabeis.
Os monstros e eirugas metálicas
revólcanse entre os meus dedos coma cachorros.
Pasos lentos e son líquido
que rematará por afogarme
e as verbas dunha laranxa suicida
da forma cun milleiro de falanxes
a unha presencia
en tódalas esquinas
en tódalas letras
invisible
excepto para quen invoca a Tezcatlipoca cos dediños
e ve as chamas violeta de limpar os ollos
e un rabaño de pombas verdes e
grises
chían a súa redención
na roda de carro que se desmembra
coma un corpo humano vencido de heroína.

Yesterday 2

Agora
mesmo
neste
preciso
intre
un enorme
réptil
mastiga a miña carne
sen culpabilidade
ou mesura
pola ausencia
de azul
pero
o asasino
non é mortal
xa que
ti
estas,
aquí non,
alá non,
estas
en cada esquina
en cada
par de mans
nos ollos dunha
rusa
ficticia
nunha nena vella
de seis anos
e estas
en tódolos cans
e eu fago
bujujujú
con gotiñas doces
e cálidas
a árbore medra
e entón
e só entón
eu
vivo.

Yesterday 1

O reloxo azul deslízase
e aférrase coma unha araña que fai cóxegas.
Quérote, e os peixes
organízanse para crear a pomba
de electricidade e auga
que me levará polo camiño laranxa da perdición
Ben, ben, ben,
joroschó
cando a solución é tirarme ao baleiro sen globos e
qué bonitas vísceras purpúreas sobre o gris do adoquín.
Cans salvaxes
virán
lamber a poza do meu líquido.
E nacerá o precioso bidueiro
co vestido de liño branco do que cala os choros
e no outono pedazos de cobre córtanlle os dedos.
Frío, escarcha,
e eu empapada
de tanto querer des-afogar na illa asolagada
e a ver se me colle un siberiano destes e atopo metáforas con enfermidades húmidas
e síntomas víricos de dor de peito.
E serei o precioso bidueiro
co vestido de algodón triscante coma un oso polar
e na primaveira pedazos de bronce córtanme os dedos.
E crearei un pitiño espido e fetal
do teu bafo violeta.