sábado, 4 de febrero de 2012

Yesterday 3 (luz)

Por unha pomba xoven
bastarda
os dardos amarelos atravésanme cada mañan
nunha rexeneración de cascabeis.
Os monstros e eirugas metálicas
revólcanse entre os meus dedos coma cachorros.
Pasos lentos e son líquido
que rematará por afogarme
e as verbas dunha laranxa suicida
da forma cun milleiro de falanxes
a unha presencia
en tódalas esquinas
en tódalas letras
invisible
excepto para quen invoca a Tezcatlipoca cos dediños
e ve as chamas violeta de limpar os ollos
e un rabaño de pombas verdes e
grises
chían a súa redención
na roda de carro que se desmembra
coma un corpo humano vencido de heroína.

No hay comentarios:

Publicar un comentario