sábado, 4 de febrero de 2012

Yesterday 1

O reloxo azul deslízase
e aférrase coma unha araña que fai cóxegas.
Quérote, e os peixes
organízanse para crear a pomba
de electricidade e auga
que me levará polo camiño laranxa da perdición
Ben, ben, ben,
joroschó
cando a solución é tirarme ao baleiro sen globos e
qué bonitas vísceras purpúreas sobre o gris do adoquín.
Cans salvaxes
virán
lamber a poza do meu líquido.
E nacerá o precioso bidueiro
co vestido de liño branco do que cala os choros
e no outono pedazos de cobre córtanlle os dedos.
Frío, escarcha,
e eu empapada
de tanto querer des-afogar na illa asolagada
e a ver se me colle un siberiano destes e atopo metáforas con enfermidades húmidas
e síntomas víricos de dor de peito.
E serei o precioso bidueiro
co vestido de algodón triscante coma un oso polar
e na primaveira pedazos de bronce córtanme os dedos.
E crearei un pitiño espido e fetal
do teu bafo violeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario