domingo, 23 de julio de 2017

As restriccións da moral anticipada.

Xa que foches dar unha volta podías facerme o favor
de mercar un diccionario
se é etimolóxico tanto mellor.

Ou quizais unha enciclopedia con mapas
que expliquen tódalas erratas
e dúbidas estúpidas.

Non sei supoñer mais alá de catro segundos.
Nin dentro nin fóra teño nada que dure máis dunha tarde.
E este poema na miña cabeza está lido coa voz
dunha cantautora a mar de guay.

Teño que entenderme, é obrigatorio?
O mundo caerá se por unha vez fago o que me pete?
"Non é iso o que fas sempre?"
replicarán algúns
iñorantes que non entenden
as restriccións da moral anticipada.

Eu sempre dende pequena quixen arrincar os corazóns
e coidalos moito, darlles queixo vegano e mimos.
Sempre pensaba que entre algodóns estarían mellor
que levando as hostias que levan normalmente.

Dime agora que este texto é unha merda
que non ten metáforas e inda así non di nada
de nada de nada de nada
quizais non preciso dicir nada agora
e só quero apreciar tódalas cousas
que me pasan.

E se as tripas me retorcen sen control
non será nada novo.
Alomenos síntome viva
por iso nunca morro.
E inda que de medo estar tan soa neste salón escuro
o cariño nunca falta e iso é o único
que me importa xa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario