viernes, 13 de enero de 2012

Erase

Érase unha vez un neniño que se chamaba Jim.
Era un neniño encantador e risoño que roubaba licor da despensa e petaba nos corniños dos caracois.

Unha vez cando estaba na cama esperto e todo era escuro chorou mainiño para probar a que sabía. Logo entráronlle moitas ganas de cortar e colleu unhas tixeiras do caixón. Cortou o pixama, cortou o pelo e cortou a pel de entre os dedos. Fixo unha desfeita e sua nai mandouno recollelo todo, os cachiños de pel tamén.

Jim vía as cousas defectuosas e tivo que poñer gafas. Esas gafas deformábano todo e sempre chocaba coas paredes. Ademáis eran gafas de mel e unha chea de abellas se lle pegaban sempre e lle zungaban nos ollos, pero estaba ben.

Cando foi grande abondo para marchar montou nunha vaca gris que pasaba polo camiño e levouno lonxe. Namorou da vaca e ela tirouno ao chan. Rompeulle o corazón.
"Quérote vaca!"
"Indiferencia"
"Non podes ignorarme!!"
"Non che ignorei, dixen a palabra indiferencia, pero ti pensas que só rumiei." e foise.

O pequeno Jim tivo que afogar as penas metendo a cabeza no fondo dunha poza de auga quente onde soaba música de sitios quentes. E logo chupar limóns. E logo atopou unha muller verde que o acolleu no seu colo e lle bisbaba cousiñas bonitas.
 Ao primeiro pensou que era unha muller-árbol, logo ela fíxolle dano. E foise coas súas feridiñas chorando polo bosque. E ela arrepentiuse, pero era tarde. E oíase por todo o bosque os choros "bujujujuju" do pequeno Jim.

Cando estaba mortiño ao pé dunha árbore, que lle daba sombra e o acariñaba coas súas follas amarelas, chegou un cachorro azul a lamberlle as feridas. E o neno espertou e deulle mimos ao canciño. E o canciño xogaba e correu. E o neniño Jim correu. Correron lonxe.


E onde estivera deitado
no pé
da árbore
naceron follas violetas.

Comezou a chover.

jueves, 12 de enero de 2012

Camus en azul.

Terror e un gusto macabro
azul
azul
azul?
Unha araña
negra e fina e peluda
esvara con tódalas patas á vez na cortiza e esmaga.
Esmaga-se.
Esmagar é bonitiño, coma unha especia
pola mañan
co frío que vai sempre e o vaho e a miña chaqueta verde de semáforo e unha silueta que hai que adiviñar dende arriba de todo porque senon non ten mérito, non ten mérito...
Esperar.
Esperar é condenar.
Como curvas de ollos pechados antes de subir ao castro e seis anos e moita palla lasciva.
E
cans.
E non podo evitar o asco que me da toda esta masa pegañenta e
azul
azul
azul. Só porque ti o digas.
E unha fada verde que chora, porqué tanta analoxía
en botella?
Unha voz delicada e trémula dende a barriga
laranxa
de Karen
dende o lugar
onde me nace o horrible.

E destérroo con moitos conxuros violetas nas meixelas.

E destérroo con este apegañar contínuo, retendo o acibeche líquido
todo
o
que podo
pero sei que non dou.
Sei que marcharás coma un can mollado.

And me? and au au auuuuuuuuuuur!!!!

Do Mim

Eu atendendo.

Dasme bidóns de maná salobre
alimento pombas con moedas de cobre.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

Verques dos ollos gasolina e laranxas
nos dedos ofrezo vermellas migaxas.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

Alimento pombas con moedas de cobre
para que nunca fuxas, tarántula nobre.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

Cos dedos ofrezo vermellas migaxas
dandy de especias, para que non te vaias.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

Para que nunca fuxas, tarántula nobre
e a árbore non sufra ao volverse podre.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

Dandy de especias, para que non te vaias
e o corazón morra á calor da praia.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

miércoles, 11 de enero de 2012

Tratado forzadamente interrogativo sobre a soportalidade amarela.

Que é amarillo? Amarillo é unha palabra? Amarillo é unha cor? Amarillo é o nome dunha cor? Amarillo é como tiza? Un idioma está pechado? O idioma está pechado ao amarillo? Chora o amarillo? Chora a folla amarilla? Hai un cachorro amarillo? Chora o cachorro? Que é un cachorro? Cómo é un cachorro? É brando un cachorro? Ten sangue un cachorro? Ten sangue amarilla? Ten sangue vermella? Ten lingua vermella o cachorro? Fai un contraste twee a lingua vermella e a pelaxe verde? Hai un can verde? Un can verde foi un cachorro amarillo? Cómo se fai un can verde? Bañas o cachorro en cuspe? É azul o cuspe? Qué é azul? O azul é sólido? O azul é poético? O sangue dos peixes é azul? O sangue podre é azul? O sangue das veas é azul? O sangue das veas está podre? Bañamos cachorros con sangue podre? Bañeite con sangue podre? Eras un cachorro amarelo? Que é un cachorro? Sorrí un cachorro de medio lado? Un cachorro ten moitas patas? A un cachorro poden picarlle as medusas? Picáronche as medusas? Dóenche as picaduras das medusas? Choras? Queres biquiños que che curen as picaduras das medusas? Sángranche as picaduras? O sangue é vermello? É azul? É podre? Nácenche patiñas nas costas? Sabes tecer unha tea de cuspe? És un cachorro-tarántula? És un enxendro? És un enxendro desproporcionado? Ate onde chegan as túas patas? Onde están os límites? Onde morres? Cando morres, morres? Hai que buscarche os límites na foxa das Marianas? Guadianas? A máis fonda? Vas morrer cedo cachorro? Prefires morrer cedo? Prefires quedar calvo, ou perder soportalidade? Onde gardas a soportalidade? Gardas a soportalidade no corazón? Gardas a soportalidade na foxa das Marianas? Guadianas? Gardas a soportalidade no fondo do vaso? Gardas a soportalidade coa fada verde? Chora aínda a fada verde? Chora porque perdeu un cachorro? Deixouche a soportalidade tirada por ahí? Está enfadada? Xa non che quere máis? Deixouche a soportalidade onda os columpios? Os columpios matan anxos? A felicidade son columpios? A felicidade é romper violíns? Recuperas a soportalidade nos columpios? A soportalidade é un bico violeta? Existen gatos nos columpios? Existe sempre a soportalidade? Morre a soportalidade? Morren os cachorros amarelos? Ouvean os cachorros amarelos? Ouveas ti? Ouveo eu? Esperarei ao cachorro cando fuxa? Un cachorro é coma un neno? Son unha árbore? Unha árbore pode vivir sen cachorros? Unha árbore pódese mover? Unha árbore é verde? As follas son árbores? As follas son verdes? Os crocodilos morden árbores? Son as árbores soportalinas? Son as árbores amarelas? Son amarillas? Existe amarillo? Que é amarillo? En calquer caso, morre o amarillo?

jueves, 29 de diciembre de 2011

Funeral

Onde se pode atopar unha pistola?
mais non é o mellor, non é o mellor
morder limóns dende fora
dende dentro é cómodo de máis, un desdobramento e voilá!
Ela era máis pequeniña e estaba lonxe coma unha pantasma verde
DIÁLOGO

- Hipócrita plasticosa!!! morre antes de que chegue a caída!

-Pero teño a miña peceira completa, mira, ves? non lle falta ningún vechiño.

-Tiveches tarántulas e cachorros weeeee weeeee e cousiñas verdes, por qué non choras? Voute pegar ate que sepas chorar!!

-Perdón... se me dixeses pasos de cangrexo, avoíña...

-Non podes, iso si que non, todo ten que ter o THE END que é o teu amigo bonito, pero non quero que me lixes con toda esa porcallada.

-Still have...

-Aur aur aur auuuuuur!! eu non entendía e facíao, e todo era tan importante... e había unha pantera, recordas? e un Sapoconcho e un ente atrapado detrás da pantalla, que case a rompes escarbando co dediño...

-Agora entendo.

-Agora non serve, nin sequera as falanxes o conseguen, chegou a túa hora.


as baleas xa non son baleas
ven aquí, balea
cachorro
dentes pequeniños que me morden.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Flores de algodón e zapatos.

Cómo? Cómo? Cómo?

Así todo nun flash líquido.
Hala! tódolos teus fluídos polo chan.
Son un cadelo
son un cadelo
son un cadelo verde
que corre en soños.

E unha chea de luceciñas van iluminar a benvida da calidez
da area branda,
que me leva da man, para que non me perda.




Let's just hope that it's enough


Unha voz doce chora mainiño por min
porque me ama e non quere que gaste auga nin sal nin tripas
grazas voz doce, grazas por vir en forma de pequenos bechiños palmípedos
que parece que estarán fríos pero son tibios e suaves
bonitiños
e ti soplas, por qué soplas? quen che deixou facer algo que non fose
vivir?