sábado, 4 de febrero de 2012

Yesterday 2

Agora
mesmo
neste
preciso
intre
un enorme
réptil
mastiga a miña carne
sen culpabilidade
ou mesura
pola ausencia
de azul
pero
o asasino
non é mortal
xa que
ti
estas,
aquí non,
alá non,
estas
en cada esquina
en cada
par de mans
nos ollos dunha
rusa
ficticia
nunha nena vella
de seis anos
e estas
en tódolos cans
e eu fago
bujujujú
con gotiñas doces
e cálidas
a árbore medra
e entón
e só entón
eu
vivo.

Yesterday 1

O reloxo azul deslízase
e aférrase coma unha araña que fai cóxegas.
Quérote, e os peixes
organízanse para crear a pomba
de electricidade e auga
que me levará polo camiño laranxa da perdición
Ben, ben, ben,
joroschó
cando a solución é tirarme ao baleiro sen globos e
qué bonitas vísceras purpúreas sobre o gris do adoquín.
Cans salvaxes
virán
lamber a poza do meu líquido.
E nacerá o precioso bidueiro
co vestido de liño branco do que cala os choros
e no outono pedazos de cobre córtanlle os dedos.
Frío, escarcha,
e eu empapada
de tanto querer des-afogar na illa asolagada
e a ver se me colle un siberiano destes e atopo metáforas con enfermidades húmidas
e síntomas víricos de dor de peito.
E serei o precioso bidueiro
co vestido de algodón triscante coma un oso polar
e na primaveira pedazos de bronce córtanme os dedos.
E crearei un pitiño espido e fetal
do teu bafo violeta.

viernes, 13 de enero de 2012

Erase

Érase unha vez un neniño que se chamaba Jim.
Era un neniño encantador e risoño que roubaba licor da despensa e petaba nos corniños dos caracois.

Unha vez cando estaba na cama esperto e todo era escuro chorou mainiño para probar a que sabía. Logo entráronlle moitas ganas de cortar e colleu unhas tixeiras do caixón. Cortou o pixama, cortou o pelo e cortou a pel de entre os dedos. Fixo unha desfeita e sua nai mandouno recollelo todo, os cachiños de pel tamén.

Jim vía as cousas defectuosas e tivo que poñer gafas. Esas gafas deformábano todo e sempre chocaba coas paredes. Ademáis eran gafas de mel e unha chea de abellas se lle pegaban sempre e lle zungaban nos ollos, pero estaba ben.

Cando foi grande abondo para marchar montou nunha vaca gris que pasaba polo camiño e levouno lonxe. Namorou da vaca e ela tirouno ao chan. Rompeulle o corazón.
"Quérote vaca!"
"Indiferencia"
"Non podes ignorarme!!"
"Non che ignorei, dixen a palabra indiferencia, pero ti pensas que só rumiei." e foise.

O pequeno Jim tivo que afogar as penas metendo a cabeza no fondo dunha poza de auga quente onde soaba música de sitios quentes. E logo chupar limóns. E logo atopou unha muller verde que o acolleu no seu colo e lle bisbaba cousiñas bonitas.
 Ao primeiro pensou que era unha muller-árbol, logo ela fíxolle dano. E foise coas súas feridiñas chorando polo bosque. E ela arrepentiuse, pero era tarde. E oíase por todo o bosque os choros "bujujujuju" do pequeno Jim.

Cando estaba mortiño ao pé dunha árbore, que lle daba sombra e o acariñaba coas súas follas amarelas, chegou un cachorro azul a lamberlle as feridas. E o neno espertou e deulle mimos ao canciño. E o canciño xogaba e correu. E o neniño Jim correu. Correron lonxe.


E onde estivera deitado
no pé
da árbore
naceron follas violetas.

Comezou a chover.

jueves, 12 de enero de 2012

Camus en azul.

Terror e un gusto macabro
azul
azul
azul?
Unha araña
negra e fina e peluda
esvara con tódalas patas á vez na cortiza e esmaga.
Esmaga-se.
Esmagar é bonitiño, coma unha especia
pola mañan
co frío que vai sempre e o vaho e a miña chaqueta verde de semáforo e unha silueta que hai que adiviñar dende arriba de todo porque senon non ten mérito, non ten mérito...
Esperar.
Esperar é condenar.
Como curvas de ollos pechados antes de subir ao castro e seis anos e moita palla lasciva.
E
cans.
E non podo evitar o asco que me da toda esta masa pegañenta e
azul
azul
azul. Só porque ti o digas.
E unha fada verde que chora, porqué tanta analoxía
en botella?
Unha voz delicada e trémula dende a barriga
laranxa
de Karen
dende o lugar
onde me nace o horrible.

E destérroo con moitos conxuros violetas nas meixelas.

E destérroo con este apegañar contínuo, retendo o acibeche líquido
todo
o
que podo
pero sei que non dou.
Sei que marcharás coma un can mollado.

And me? and au au auuuuuuuuuuur!!!!

Do Mim

Eu atendendo.

Dasme bidóns de maná salobre
alimento pombas con moedas de cobre.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

Verques dos ollos gasolina e laranxas
nos dedos ofrezo vermellas migaxas.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

Alimento pombas con moedas de cobre
para que nunca fuxas, tarántula nobre.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

Cos dedos ofrezo vermellas migaxas
dandy de especias, para que non te vaias.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

Para que nunca fuxas, tarántula nobre
e a árbore non sufra ao volverse podre.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

Dandy de especias, para que non te vaias
e o corazón morra á calor da praia.
Eu atendendo meu cachorro
Eu atendendo meu cachorro.

miércoles, 11 de enero de 2012

Tratado forzadamente interrogativo sobre a soportalidade amarela.

Que é amarillo? Amarillo é unha palabra? Amarillo é unha cor? Amarillo é o nome dunha cor? Amarillo é como tiza? Un idioma está pechado? O idioma está pechado ao amarillo? Chora o amarillo? Chora a folla amarilla? Hai un cachorro amarillo? Chora o cachorro? Que é un cachorro? Cómo é un cachorro? É brando un cachorro? Ten sangue un cachorro? Ten sangue amarilla? Ten sangue vermella? Ten lingua vermella o cachorro? Fai un contraste twee a lingua vermella e a pelaxe verde? Hai un can verde? Un can verde foi un cachorro amarillo? Cómo se fai un can verde? Bañas o cachorro en cuspe? É azul o cuspe? Qué é azul? O azul é sólido? O azul é poético? O sangue dos peixes é azul? O sangue podre é azul? O sangue das veas é azul? O sangue das veas está podre? Bañamos cachorros con sangue podre? Bañeite con sangue podre? Eras un cachorro amarelo? Que é un cachorro? Sorrí un cachorro de medio lado? Un cachorro ten moitas patas? A un cachorro poden picarlle as medusas? Picáronche as medusas? Dóenche as picaduras das medusas? Choras? Queres biquiños que che curen as picaduras das medusas? Sángranche as picaduras? O sangue é vermello? É azul? É podre? Nácenche patiñas nas costas? Sabes tecer unha tea de cuspe? És un cachorro-tarántula? És un enxendro? És un enxendro desproporcionado? Ate onde chegan as túas patas? Onde están os límites? Onde morres? Cando morres, morres? Hai que buscarche os límites na foxa das Marianas? Guadianas? A máis fonda? Vas morrer cedo cachorro? Prefires morrer cedo? Prefires quedar calvo, ou perder soportalidade? Onde gardas a soportalidade? Gardas a soportalidade no corazón? Gardas a soportalidade na foxa das Marianas? Guadianas? Gardas a soportalidade no fondo do vaso? Gardas a soportalidade coa fada verde? Chora aínda a fada verde? Chora porque perdeu un cachorro? Deixouche a soportalidade tirada por ahí? Está enfadada? Xa non che quere máis? Deixouche a soportalidade onda os columpios? Os columpios matan anxos? A felicidade son columpios? A felicidade é romper violíns? Recuperas a soportalidade nos columpios? A soportalidade é un bico violeta? Existen gatos nos columpios? Existe sempre a soportalidade? Morre a soportalidade? Morren os cachorros amarelos? Ouvean os cachorros amarelos? Ouveas ti? Ouveo eu? Esperarei ao cachorro cando fuxa? Un cachorro é coma un neno? Son unha árbore? Unha árbore pode vivir sen cachorros? Unha árbore pódese mover? Unha árbore é verde? As follas son árbores? As follas son verdes? Os crocodilos morden árbores? Son as árbores soportalinas? Son as árbores amarelas? Son amarillas? Existe amarillo? Que é amarillo? En calquer caso, morre o amarillo?