martes, 30 de septiembre de 2014

Pra ti.

- Se eu son franca,
por favor, sé Bullwinkle.-

Agardo dende o fondo dunha gruta
ardente de verdade e cachos de vidro.
Se algunha vez quixeches esta alma mentireira,
agardo a que me digas que non foi en van.
Agardo por ti pra que me féndala testa e metas
nela tódalas nubes de fume
que escaparon sen querer, e sen evitalo, como un rechouchío de xofre.
Que se deslizaron polas contras dunha espesura complicada.

I'm not an alligator,
nor a rock'n'rolling bitch for you

Mais non finxas, dame coa realidade
na cara. Búscame, pois estou perdida, nono ves?
Onde estan as cores da revolución?
Non me des por vencida, sacrifica aos deuses
un par de coellos ou algo, por min,
e quizais un par de vellos poemas tamén, inda que sangres un pouquiño.
Estarei soa se ti non estas
para ensinarme a ser da mellor maneira,
para buscar comigo os ratos da infamia e o sabor das carnes.
Estarei soa se non buscas o sangue no meu peito
e sostés o meu corazón aínda vivo
na palma da túa man.
Pois quero voar polas pedras contigo,
non mintas, eu sei que ti tamén o queres así.
Escoita, escoita ao lonxe, nunca estiveches só.
As miñas entrañas berran por ti, meu irmán de violento pasado
e terrible futuro. E sen ti non podo seguir ata a fin dos tempos.
Dime que ti, si, ti tamén queres estar ao filo da realidade,
e non perdernos na bruma coma gatos pardos
e crernos o imposible e vencer, ata a fin do mundo.

Hello, I've waited here for you
everlong...

No hay comentarios:

Publicar un comentario