É certo que se pode ser sincera sen dicir a verdade?
E certo que podo falar sen que os meus beizos se despeguen?
O monstro que me guía e que me ensina
está confuso, coas mans nos peitos da inquedanza.
Eu mudo como a roupa de cama cando ven o frío
e mudo como o vento de Mary Poppins, que se leva bos recordos
pero non sei se o pasado se perde na bruma do incerto
ou se fixen conserva con todo, e é por iso que o estou perdendo.
Heroína e pombas, lume e calma gris, así se sinte a espera
nos días baleiros, de infortunios malogrados.
Así se sinte a espera da aperta amigable, das farangullas, das promesas que non chegan.
Así se sinte a culpabilidade.
Heroína e pombas, tempestade e doce lago onde repousar a cabeza cando cantas
e te preguntas a onde foron tódolos peixes que che devoraban tralos ollos,
donde foron a morrer as esperanzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario