martes, 27 de septiembre de 2011

Agoiro dos froitos secos.

Salvador desequilibrio
como un brusco atragantamento de principiante
na auga salgada.

A loucura cégame
na sobredose amarela de anacardos
cando exploro pola selva virxe, que non é tan intensa como aparenta
e atopo a miña peceira intacta e apocalíptica
as usual.

Os teus gatos sarnosos retórcense
de fame?
Está ben de hipocrisía felina
xa lles asasino eu os peixes para que os devoren.
Mais os perezosos chegaron para quedarse
cos seus seis brazos de madeira
e os seus movementos country de cor mel
afferados aos bambús.

Agocho toupiñas na man
de diferentes rúas de neon
porén, todo está aberto,
como a polpa da túa boca,
ao estranxeiro.

Os lagartos son crocodilos que non saben morder
grises e amarelos practican deportes de risco varias veces
morden as unllas.

-Medraremos, Camus?-"pode"
E van caendo as gotiñas dos peixes masacrados
"non pasa nada, non pasa nada
acouga;
tódalas tarántulas contigo
fuman opio en escaleiras
créanche osos brancos nos que
non poidas deixar de pensar.

-Ule así a rocha?-
Lámbea, se é ocre ou
                                  limón
podes trasladala e ver dende o alto
o percorrido das baleas.

Non negues o son da area nos cotenos
arrástrao co viño de coral
e todo o celofán e fíos que atopes para facelo,
axóuxeres da desproporción.

Se atopas o líquido
e algo pulido no fondo da auga
chegarán pombas mecánicas
cheas de plumas, para educar
o teu corazón de soportal."

No hay comentarios:

Publicar un comentario