domingo, 2 de octubre de 2011

She's like a rainbow.


Necesidade de vivir
de carne de peixe
das súas cores.
Que veña rápido o furacán
que me leve golpeándome contra as follas
nas trincheiras cheas de violetas.
abafante sensación
sen dirección
sen o desorde selvático.
Caracois que me servan de oráculo
nos péndulos de perfumes con olor a auga
descolgan os longos papiros marcianos
e pido aos meus cans unha misión diferente.
"Tédesma que traer,
con perezosos luminosos
con líquido de soportais
para que me encha a boca de viño
e eu pense os planos
de construcción das pombas mecánicas
replicantes,
facede que o sol se descompoña queimándo
pequenas células das miñas bisagras
devolvédeme o circo sicótico
sen pedirme nada a cambio."

E morrer outra vez
afogar na cidade asolagada
de neon.

No hay comentarios:

Publicar un comentario